O crecemento económico non é a solución: é o problema

Todas as políticas actuais aseguran que volver ao crecemento económico, medido polo medre dun indicador arbitrario (o PIB), é a vía para saírmos desta denominada crise. No entanto e coa excusa de volver dunha maneira ou doutra a ese medre dos bens e servizos producidos en cada país, sacrifican o Estado do Benestar, e afunden cada vez a máis persoas na pobreza, deixándoos desamparados diante dun colapso inxusto —e que non acaban de comprender— da calidade de vida, dos empregos, dos servizos públicos… trasferindo de paso millóns de euros de todos a mans duns poucos.

Porén, autorizadas voces de aquí e de acolá advirten de que teimar no crecemento sen fin é aprofundar na situación de choque contra os límites do planeta na que en realidade nos atopamos por trás de todos os recortes, problemas financeiros, monetarios, da débeda…

Queremos hoxe traer dúas recentes manifestacións destas voces que tentan espertar a sociedade.

A primeira é a tradución dun artigo publicado o pasado día 20 no xornal británico The Guardian co título Civilisation faces ‘perfect storm of ecological and social problems’:

A civilización enfronta unha «tormenta perfecta de problemas ecolóxicos e sociais»

O abuso do medio ambiente creou unha emerxencia «sen precedentes en absoluto», afirman os gañadores do premio Blue Planet.

Celebrados científicos e pensadores do desenvolvemento avisan hoxe de que a civilización ten diante de si unha tormenta perfecta de problemas ecolóxicos e sociais provocados pola sobrepoboación, o sobreconsumo e tecnoloxías daniñas para o ambiente.

Diante dunha «emerxencia absolutamente sen precedentes», din os 18 últimos gañadores do premio Blue Planet —o Nobel oficioso en temas medioambientais— que a sociedade «non ten máis opción que tomar medidas dramáticas para evitar un colapso da civilización. Ou trocamos o noso xeito de facer as cousas e construímos un tipo totalmente novo de sociedade a nivel mundial, ou vai trocar contra a nosa vontade».

Esta crúa avaliación da situación mundial actual feita polo grupo, que inclúe a Sir Bob Watson, conselleiro científico en xefe do goberno [británico] para asuntos ambientais, o climatólogo estadounidense James Hansen, o profesor José Goldemberg, que fora secretario de medio ambiente durante o Cumio de Rio de 1992, e o profesor da Universidade de Stanford Paul Ehrlich, publicouse hoxe no 40º aniversario da fundación do programa da ONU para o medio ambiente (UNEP). O documento, que foi encargado pola UNEP, será debatido na conferencia do cumio de Rio+20 que terá lugar en xuño.

Ademais das graves advertencias acerca da perda de biodiversidade e a mudanza climática, o grupo reta aos gobernos a pensar de maneira diferente acerca do «progreso» económico.

«A situación biofísica en rápido deterioro é xa abondo mala, pero apenas se recoñece por parte dunha sociedade mundial infectada pola crenza irracional de que as economías físicas poden crecer para sempre e que non fai caso do feito de que os ricos nos países desenvoltos e en desenvolvemento se fan cada vez máis ricos e os pobres son deixados atrás.

O mito do crecemento perpetuo… promove a imposible idea de que o crecemento económico indiscriminado é a cura para todos os problemas do mundo, cando en realidade é a enfermidade que está na raíz das nosas prácticas mundiais insostibles», aseguran.

O grupo advirte contra a dependencia excesiva dos mercados e no canto urxen aos políticos a escoitar e aprender acerca de como as comunidades pobres de todo o mundo ven os problemas da enerxía, a auga, a alimentación e a vivenda, como interdependentes e parte integrada nun ecosistema vivo.

«A resposta a longo prazo non é un sistema centralizado senón un sistema demixtificado e descentralizado onde a xestión, o control e a propiedade da tecnoloxía estea nas mans das propias comunidades e non na de profesionais titulados alleos ás poboacións», afirman.

«Grupos baseados na comunidade nas zonas rurais máis pobres e inaccesibles por todo o mundo teñen demostrado o poder dunha acción desde abaixo para mudar as políticas a nivel rexional e nacional… É urxente agora converter estas ideas en pensamento maioritario, espallar a idea de que non todo está perdido e que o planeta aínda pode salvarse.»

A resposta para abordar os temas críticos da pobreza e a mudanza climática non é principalmente técnico senón social, asegura o grupo. «Os problemas da corrución, do desbaldimento de fondos, erradas opcións tecnolóxicas e falta de transparencia ou de responsabilidade diante dos cidadáns son problemas sociais para os que existen innovadoras solucións que están xordindo da base das sociedades.»

Para facer unha transición a un futuro máis sustentable fará falta simultaneamente redeseñar o sistema económico, unha revolución tecnolóxica e, sobre todo, unha mudanza nos comportamentos.

«Retrasarnos é perigoso e sería un inmenso erro. O efecto trinquete [N. do T. vid. na Wikipedia unha definición destes saltos non liñais na evolución dun sistema] e a falta de avances na tecnoloxía [N. do T.: empregan o termo lock-in] fan aumentar o risco dunha mudanza climática perigosa: o retraso pode dificultar moito a estabilización das concentracións [de gases de efecto estufa] a niveis aceptables. Se actuamos con contundencia e a ciencia está trabucada, daquela teremos como resultado meirande eficiencia, novas tecnoloxías e máis bosques. Se deixamos de actuar e a ciencia está no certo, daquela a Humanidade ten unha grave problema e será moi difícil zafar.»

O documento urxe aos gobernos a:

  • Substituíren o PIB como medida da riqueza por outros indicadores que midan o capital natural, construído, humano e social, e a súa intersección.
  • Eliminaren os subsidios en sectores como a enerxía, transporte e agricultura que creen custos ambientais e sociais, que actualmente quedan sen compensar.
  • Abordaren o sobreconsumo no mundo rico e o medre da poboación empoderando as mulleres, mellorando a educación e facendo os métodos de contracepción accesibles para todos.
  • Transformaren os procesos de toma de decisións para empoderar a grupos marxinados e integrar as políticas económica, social e ambiental no canto de poñelas a competir entre si.
  • Conservaren e dárenlle valor á biodiversidade e aos servizos fornecidos polos ecosistemas, e crearen mercados para eles que poidan formar as bases de economías verdes.
  • Investir en coñecemento por medio da investigación e a formación.


«O sistema actual rachou»
, afirma Watson. «Está levando a Humanidade a un futuro que será entre 3 e 5ºC máis quente do que a nosa especie nunca coñeceu e está eliminando a ecoloxía da que depende a nosa saúde, riqueza e o concepto que temos de nós mesmos.»

There’s No Tomorrow

A esta noticia engadimos un documental de animación obra de Dermot O’Connor para o PostCarbon Institute no que abunda na identificación do crecemento como a orixe dos problemas e como unha imposibilidade da que deben fuxir as sociedades canto antes para buscar o camiño a un futuro, que —malia o que contrariamente podería entenderse polo título— é aínda posible se, como afirman os científicos autores do documento anteriormente reseñado, trocamos sobre todo o noso comportamento ao tempo que o noso sistema socioeconómico.

16 thoughts on “O crecemento económico non é a solución: é o problema

  1. K.
    26 Febreiro, 2012 at 11:56 p.m.

    levo 10 min e parece fantástico, eu entendia os conceitos antes mais ou menos, mas assim estám mui bem explicados para todos.

    de todas formas os da corda esta tendes um problema que é o tom catastrofista, porque produze rejeitamento.

    a mensagem nom pode ser “o mundo acabou-se ontem” porque se nom a gente vai dizer “ótimo, daquela acabou-se ser civilizado, salve-se quem puider” e isso nom levaria à feliz anarquia, senom ao terrorífico caos.

    a mensagem deve ser “o jeito de vida e de consumo que conhecíamos acabou-se”. porque o mundo nom se vai acabar. acaba-se para quem morre, mas a humanidade nom vai desaparecer da noite para a manhã salvo por umha guerra nuclear. entom a mensagem do fim do petróleo deve ser em positivo “fagamos as cousas já doutra maneira, nom hai outro jeito”.

    o outro, é mui impactante mas nom vai ter resultado, penso eu, porque é tam negativo como dizer “estais mortos e nom o sabeis” e o instinto de autoconservaçom da espécie rebela-se contra essa mensagem. o homem di “aínda respiro, aínda estou aqui e vou luitar” e daquela a mensagem do fim do petróleo e do ciclo económico e energético é tanto como dizer “nom podes fazer nada”.

    e se nom se pode fazer nada, nem sequer os defensores do conhecimento sobre o cénit do petróleo têm sentido. nem sequer informar disto teria sentido! porque tudo estaria já perdido, entendes o que quero dizer? seria ser masoquistas recriar-se no conhecemento da auto-extinçom e estou certo de que isso nom é o que lhe quereis reservar aos vossos próprios filhos.

    nom sei se me explico. que é um problema de formas, nom do fundo da certeza de que o petróleo se acabou e hai que recuperar outros meios de produçom, de conservaçom e de consumo.

  2. 27 Febreiro, 2012 at 8:02 a.m.

    Comprendo, K, pero se che parece que este documental é catastrofista… entón non tes visto/lido abondo sobre o tema. Os do PostCarbon Insistute van na liña que ti dis, promovendo a “transición” a outro xeito de vida.

    Xa nos contarás cando o acabes de ver. O título certamente é infeliz, pois non cadra co “Happy ending” do final do vídeo.

  3. K.
    27 Febreiro, 2012 at 5:55 p.m.

    já vim tudo, está mui bem para concienciar do problema, mas insisto no enfoque. qual é a utilidade? nom todo o mundo quereria saber que vai morrer em 2 meses. algumhas persoas sim, outras nom. o planeta está enfermo e aproxima-se umha catástrofe para meados de século, dizem alguns científicos bem informados. e? para que o queremos saber? para sofrir? eu persoalmente, prefiro nom sabê-lo. penso que, se de algo serve sabê-lo é para FAZER algo, e dos 30 e tantos minutos que dura o documentário, apenas 2 ao cabo se dedicam ao que podes fazer… e som cousas bem elementares que alguns já fazemos. nom penso que sejam avondas as propostas e que se deveriam analisar muito mais polo miúdo. mais pedagogia em clave de “que tal se fazemos isto” que em clave de “a reciclagem nom vale”, porque já sabemos que a reciclagem p.ex. tem um impacto minúsculo. entom, sem esquecer o fundamental da comunicaçom, como a mensagem nom seja em positivo, de vamos fazer isto, pois daquela apaga e vamo-nos. daquela para que ter filhos? para condená-los ao sofrimento? nom. nom é assim. de que servia um planeta limpo e com um contorno natural ideal se a gente morria de enfermidades terríveis depois de viver na absoluta miséria e escravitude? que foi o medievo senom umha sucessom de penúrias para a absoluta maioria da populaçom? o fim da civilizaçom consumista ao que nos vamos enfrontar quixermos ou nom tem que abordar-se como o início de algo melhor, se nom, todas estas campanhas o que farám será saturar a gente até que diga, oi sabes o que? que me importa um caralho, eu nom vou trocar o meu jeito de vida e o planeta nom se vai acabar nos X anos que me podem ficar de vida.

    e o vídeo falha. o vídeo é mui bom em explicar o problema mas as soluções que propom som demasiado poucas e demasiado óbvias. hai que trabalhar na actitude de o que fazer e organizar o comportamento de grupos humanos que demostrem que outra via é possível, porque se nom, é masoquismo. e eu se tenho que escolher entre a agonia e ir-me de shopping a consumir plástico, petróleo e electricidade esta noite, farei isto último (cousa que nom fago, por descontado). espero que entendas o que quero dizer.

    vou-che pôr um exemplo, os transportes. temos um serviço ferroviário que semelha superar a qualidade do estadounidense, no vídeo denuncia-se a inutilidade da transiçom aos carros eléctricos por estes se alimentar indirectamente de combustíveis fósseis. mas em nengum momento do vídeo se diz que se deve rematar de umha vez coa prioridade dos transportes individuais em favor absoluto dos deslocamentos massivos. e o que hai que dizer é senhores, a próxima vez que o próximo inútil de político diga que vai atravessar tais montes para fazer umha estrada o que lhe hai que dizer é que se essa estrada é tam importante, abre o monte e mete um caminho de ferro assim custe 5 vezes mais. como é possível que se esteja fazendo umha obra tam absurda como a comunicaçom por estrada galiza-astúrias quando o que havia que ter era um caminho de ferro rápido que combinasse a comunicaçom interregional de toda a área cantábrica coa ligaçom directa para europa via país vasco? ou o tema do deslocamento intraurbano, demandar com força a protecçom física de faixas exclussivas para bicicletas, etc? entom o que hai que fazer é pensar nessas cousas e actuar ao nível ao que chegamos que adoita ser local.

    polo demais, o vídeo é umha potente ferramente pedagógica e espero que impacte quanta mais gente melhor.

  4. Xoán Doldán
    27 Febreiro, 2012 at 6:40 p.m.

    Considero, K, que estás no certo nos comentarios que fas sobre o vídeo, tanto naqueles que destacas as súas virtudes como os seus defectos.
    Como ti dis as explicacións do fenómeno do teito do petróleo e as súas consecuencias son altamente pedagóxicas e, con certeza, servirán a comprender mellor o problema.
    Tamén aceptarei que, como dis, os desta corda penduramos cara o ton catastrofista, malia que habería que admitir que ese é o destino cara o que imos se fechamos os ollos ás evidencias, e negando a realidade non se actúa ou se demora demasiado a resposta, neste caso non é cuestión do noso ton mais apenas da existencia de acontecementos realmente catastróficos. Como non quero repetirme no xa dito neste blog remítome ao xa publicado:
    http://vesperadenada.org/2010/07/14/o-escepticismo-e-a-incredulidade-diante-do-teito-do-petroleo/
    Dicía daquela e lembro “E agora vimos xente coma nós é dicimos: este mundo non é o mellor dos posíbeis, mesmo é bastante malo, mesmo esa abundancia material na que vivimos nestes anos (unha parte do mundo) foi unha fantasía, un atrezzo dunha representación que está a finalizar ou xa finalizou e que nos resistimos a abandonar (…). Debemos admitilo, en rigor somos uns agoireiros, e iso non gusta”.
    Sabemos, pois, que se pode dar ese rexeitamento e por iso engadía “Creo que temos que ser conscientes (eu o primeiro) desta resposta. Non é doado chegar a asumir certas cousas que nós xa asumimos. E penso que temos que xogar con un discurso que sexa contundente á hora de explicar cara onde vai todo isto, pero tamén que deixe aberta unha certa esperanza. O outro sería como pedir que ademais a xente se resignase, cousa que tamén é condenada nesta sociedade”
    Pero esa catástrofe non ten porque ser tal para aqueloutros/as que, conscientes da nova realidade, vexan que hai a oportunidade dun mundo mellor a este no que vivimos, e quizás, tés razón, aquí o vídeo non se detén o que sería desexábel.
    Tamén me remitirei ao dito noutro post:
    http://vesperadenada.org/2011/02/16/xoan-doldan-quen-nega-o-teito-do-petroleo-basease-na-fe-non-na-ciencia/
    “O post-teito suporá unha catástrofe? Non necesariamente. Si un cambio radical con respecto ao que temos coñecido nos últimos decenios. A forma en como se resolva ese tránsito será o que determine unha situación catastrófica ou a oportunidade dun mundo máis igualitario e máis acorde cos ritmos da natureza. A urxencia no cambio e a negación son dous factores que contribúen a unha saída catastrófica.”
    Insistindo nesta idea, tamén publicábamos:
    http://vesperadenada.org/2011/02/16/xoan-doldan-%c2%abdebemos-concienciar-sobre-o-teito-do-petroleo-pero-tamen-facer-propostas-de-superalo-cun-mundo-mellor%c2%bb/
    Aí, falábamos da necesidade de traballar con mensaxes positivas e coa información sobre as solucións. “Neste senso, acho que compre unha mensaxe positiva pero se consideramos que o que debería xurdir (o que xurdirá e outra cousa) podería ser un mundo mellor e que se acomode aos tempos e ritmos da natureza, máis democrático etc etc, a saída non tería que ser un agravamento do que temos, senón unha mellora, non máis parados xa que fará falla moito traballo (sobre todo nos primeiros momentos do tránsito), non menos oportunidades senón oportunidades novas… iso si, a costa de prescindir do que de seu é prescindíbel. Claro está isto non será chiscar os dedos e xa está, require esforzos, non hai maxia, nin solucións caídas do ceo, pero si hai solución. E esa solución require de esforzos colectivos, canto máis haxa nese camiño, máis doado será que outras persoas se sumen. Se o esforzo se ofrece como individual máis difícil será que a xente o vexa como unha solución”.
    Por iso mesmo, os da corda esta tentamos difundir mil e unha experiencias nas que se está traballando na procura cara esa nova sociedade, e que indicamos noutros apartados do blog ou que recollen colectivos dos que damos tamén ligazóns.
    E non podo estar máis de acordo contigo nos teus comentarios sobre o transporte e da ausencia dun ton máis crítico ao transporte privado, aínda que se deduza das explicacións. Sobre isto tamén falamos noutras ocasións, na liña que ti suxires:
    http://vesperadenada.org/2011/07/21/cal-e-a-autentica-%c2%abalternativa%c2%bb-ao-petroleo-no-transporte/
    Moitas grazas polo teu interese e comentarios e por axudarnos na reflexión sobre o problema e as súas solucións.

  5. 27 Febreiro, 2012 at 6:51 p.m.

    Grazas, Xoán e K. polo interesante debate. Eu xa para empezar penso que o título do documental condiciona moito a impresión que un leva do mesmo.

    Por outra banda penso que o seu obxectivo non era falar desa alternativa á catástrofe, porque iso xa o abordan outra xente como os das Transition Towns e os seus documentais “In Transition”: http://vimeo.com/8029815

    Hai moito material sobre o Teito, as súas consecuencias e as posibles respostas, que van desde o máis puro supervivencialismo ao misticismo. Pero todos partes dunha análise común, que penso era o que pretendía espallar este vídeo. As reaccións que tomarmos, hai que buscalas noutrén. P.ex. neste blog como che dicía Xoán, aínda que se nos escapan moitas por falta de tempo e recursos. Pero é labor fundamental da nosa asociación.

  6. Manuel Amigo
    27 Febreiro, 2012 at 7:49 p.m.

    K, os que levamos tempo co tema do Peak cada dia nos sorprendemos mais cando atinamos a vislumbrar so unha pequena parte do mosntruoso problema no que estamos metidos, e estou a falar do entrante que non sera nada mais e nada menos que unha crisis economica que non vai a acabar nunca com todo tipo de aderezos que lle queiras poñer miseria , fame e e posibel que nos sorprendan con algunha guerra mundial po las ultimas pingueiras de petroleo na que e moi probable que non dubiden en usar esas cabezas nucleares que tanto tempo levan durmindo nas suas oxivas…. jeje ¿verdade que acojona? pois imaxinate o percal que lle imos deixar os nosos fillos (os que queden) rodeados po la radiactividade das bombas atomicas e pola das fugas das centrales nucleares que sin mantenemto acabaran estoupando coma castañas , e disfrutando un maravilloso clima provocado po la segunda e cicais mais terribel das consecuencias de queimar todo o que queimanos no derradeiro seculo que non e outra que un cambio climatico que cambiara a faciana das terras fertiles para convertilas en desertos….

    Si a min tamen me pasa non acabo de aceptalo, quisera que mo explicaran de outro xeito coma nas peliculas americanas nas que sempre acaba gañando o chico da pelicula , triunfa o ben e no derradeiro segundo aparece unha solución maxica…

    Temos que reaccionar nos os seres humanos de a pe e armar unha revolución , pero primeiro debemos todos de saber cara onde queremos ir…

    Non hai tanta diferencia entre Vesperdenada e Non hai mañan, eche o mesmo e o problema e que e certo.

    Sinto

  7. kerkus
    28 Febreiro, 2012 at 3:19 p.m.

    Poderiades chamarlle á paxina VESPERADETODO… coincido con K en que comezar xa dende o título da web sen esperanza algunha é pouco práctico. Calqueira que observe un chisco os ciclos da natureza sabe iso mesmo… que son ciclos. E o cataclismo pode vir por moitas frontes, pola causa dunha plaga coma o ser humano, ou por un asteroide de que esmigalle a maior parte da vida no planeta… que por outra banda acabará nalgún intre engulido polo Sol. Mentres hai vida hai esperanza e hai mañá, loitemos pois con esperanza, pois a outra opción sería unha loita defensiva e perdida.

  8. Xoán Doldán
    28 Febreiro, 2012 at 4:32 p.m.

    Como xa dixen antes, estou de acordo que o título do vídeo non é moi afortunado e, insisto, considero que é importante, como sinala K e tamén kerkus que a divulgación dun acontecemento do que xa existen máis que evidencias, como o teito do petróleo, non debería levarnos a esquecer acompañalo dunha outra mensaxe de esperanza. E se defendo isto non é porque ache que sempre hai que poñer luz no medio das sombras para semellar que sae o sol, ou pendurar unha cenoura dun pao para que a xente se mova e non caia no desánimo e na desesperación. Para min isto sería dar esperanzas vanas que non terían máis interese que o alivio pasaxeiro ou un analxésico moral. O interese que para min existe nesa necesidade de dar unha mensaxe de esperanza é porque, pola miña parte, acho que hai posibilidades reais (aínda que complexas e con dificultades) para sobrepoñernos á situación que se nos ven acima. Entre outras cousas porque, como aponta kerkus, existen ciclos.

    Dito isto, considero tamén necesario introducir certos matices. Os ciclos da natureza responden a fenómenos que non son trasladábeis mimeticamente a ciclos sociais ou económicos. As estacións do ano responden a eses ciclos, como poderían selo os ciclos das colleitas en sociedades tradicionais. Pero eses ciclos pasan a ter un carácter diferente cando os seres humanos non permitimos mediante os nosos actos completar algúns ciclos naturais, por exemplo cando dispersamos os materiais que estaban concentrados na natureza e os introducimos en lugares onde eran alleos, de modo que hoxe case todos os ciclos (naturais) dos materiais están gravemente alterados, ou cando utilizamos recursos enerxéticos fósiles e facemos que ese carbono atrapado baixo terra durante millóns de anos pase agora a atmósfera. Isto tamén alterou outros ciclos económicos de modo que a reprodución económica muta cara unha reprodución con crecemento exponencial de modo que cada novo ciclo económico nunca é exactamente igual (ou de características semellantes) ao anterior senón que introduce un uso cada vez maior de materiais e enerxía.

    E aquí chegamos ao título da web que, aínda que o pareza, non ten porque significar algo negativo senón precisamente iso, a fin dun ciclo, este actual no que estamos envolvidos desde hai xa bastante tempo e onde chegamos a pensar que esa sobreabundancia material e enerxética para unha parte da humanidade (aínda que for coa expropiación forzosa de materiais e enerxía para o resto) era algo garantido para a eternidade, algo ao que tíñamos dereito e algo que sempre iría a máis. Estes eran os “días de moito”. Agora sabemos que isto non está nin garantido, nin irá a máis e que, ademais, para manter estas condicións debemos admitir que existen esas expropiacións, que hai grupos de poder, que hai monopolios, que responde a unhas relacións económicas capitalistas que necesitan destas grandísimas fendas de desigualdade no mundo. Quizais non fomos nen somos culpábeis de todo isto, quizáis nen sequera chegamos a ter un anaco condirábel do pastel que se repartiu nesta festa, quizais só escotaimos a música desde fóra e só vimos a festa canda xa remataba…pero debemos saber que eses “días de moito” antecipaban outros nos que a festa só será un recordo, por iso son “véspera de nada” para aqueles que seguen soñando con novas festas, con chegar a ser convidados naquelas festas de onte.

    Mais apagadas as luces da festa podemos ver o mundo diante de nós, coas miserias que supuxo esa festa que parecía non ter fin, coas resacas e os que terán que limpar os refugallos do que quedou ciscado por terra. E, con certeza, podemos pensar noutras festas nas que todos sexamos organizadores e partícipes, nos que todas as persoas terán que colaborar e desfrutar, quizáis con menos luces, quizáis con outros aperitivos e outras bebidas, máis caseiras, menos industrializadas, máis locais e menos importadas, con menos usar e tirar e máis reutilizar, con máis colaboración e menos competencia, con máis traballo artesanal e menos industrial, con máis produtos frescos e menos manufacturados…onde os tempos tamén sexan repartidos doutro modo, onde o lecer de uns non se ocnsiga a costa do traballo dos outros, onde o reparto do traballo sexa gañar lecer para todos…
    Outras festas son posíbeis si, e, nese caso, esta véspera de nada de hoxe será, como di kerkus, unha véspera de todo.

    Pero todo isto, que eu considero posíbel, só poderá ser se poñemos as bases para construir esa outra sociedade xa, sen demora, sabedores de que é posíbel pero non é doado, de que hai esperanza pero non caerá do ceo, de que se pode conseguir coa participación da maior cantidade de xente que se poida pero que haberá quen queira manter os seus privilexios a costa de afondar áinda máis as desigualdades, dentro e fóra do mundo que chamamos desenvolvido. E, sobre todo, a inconsciencia do problema non evitará que, de non poñer remedio, as cousas se resolvan por si mesmas, porque este é un problema que ten a súa raíz nun mundo construído por persoas, baixo parámetros capitalistas, con todo o que isto signfica, e non é froito de ningunha condena divina nin dun accidente fortuíto nin consecuencia dunha catástrofe sideral… por iso tamén serán os seres humanos quen deberán poñer ou buscar solución. De nós depende.

  9. 29 Febreiro, 2012 at 9:03 a.m.

    Volvendo cun chisco máis de tempo sobre os comentarios iniciais de K, dicía el que:

    a mensagem nom pode ser «o mundo acabou-se ontem»

    Coido que esa mensaxe nin a dá este vídeo nin o documento dos premiados co Blue Planet nin ningunha das organizacións que tentamos difundir o tema do “peak oil”. O que remata é unha civilización, a industrial, con todo o que iso implica. Iso é unha catástrofe? Ben, depende de como o mires. Nós tentamos velo desde o punto de vista das oportunidades que se abren, pero sen negar os efectos dramáticos que vai ter (está a ter) para grande parte da poboación. Non estamos advertindo dalgo estraño que vai acontecer nun futuro indefinido: estamos explicando á xente o que de verdade sucede. Un exemplo: http://vesperadenada.org/2010/03/13/como-e-o-conto-en-realidade-chris-martenson/

    Tentamos axudar a comprender a gravidade e irreversibilidade da situación, algo que moitos se negan a aceptar, algo que ninguén desde riba nos vai contar… en primeiro lugar porque non teñen unha saída satisfactoria para todos que ofrecernos. Teñen unha saída para os de riba, e é a que están a aplicar. É fundamental entender que este colapso nos vai tocar “por barrios”, que non vai ser un “acabouse” democrático para todo cristo, en plan meteorito que arrase con todo… Non. Xa nos están “socializando” os efectos, encargándose de poñer a carga do colapso no lombo dos de sempre, e liberándoa do deles mentres poden e na medida que poden, para resituar as forzas e a enerxía do seu lado (aínda máis!).

  10. 29 Febreiro, 2012 at 9:06 a.m.

    já vim tudo, está mui bem para concienciar do problema, mas insisto no enfoque. qual é a utilidade?

    A utilidade é a de comprender que futuro non podes agardar e por que sucede o que está a suceder. Como axir sobre a realidade se non a comprendes, se estás alineado polo mito do progreso, do crecemento continuo e cres que “desta crise se vai sair”?

    Penso que non é pouca utilidade!

  11. 29 Febreiro, 2012 at 9:08 a.m.

    para que o queremos saber? para sofrir?

    Todo o contrario, K.: para te preparares e sobrevivires co menor sufrimento posible. Non falas ti de non sofrer? Como o vas evitar pechando os ollos ao que ven? Non falabas ti de instinto de supervivencia?

  12. 29 Febreiro, 2012 at 9:16 a.m.

    penso que, se de algo serve sabê-lo é para FAZER algo, e dos 30 e tantos minutos que dura o documentário, apenas 2 ao cabo se dedicam ao que podes fazer… e som cousas bem elementares que alguns já fazemos.

    Insisto en que non é o obxectivo deste documental. Considérao unha toma de conciencia para a acción. Hai material dabondo que aborda esa 2ª parte: o que facermos. Isto é para espertar á xente. Seguramente tería sido mellor adicarlle algo máis de tempo e unha batería de accións máis amplas no propio vídeo, e aí si que estou contigo en que falla. E moito máis no título, que xa nega a súa propia mensaxe final.

    Dentro deste mesmo web tes toda unha serie de medidas que coidamos se poden tomar: na alimentación, na economía, na educación, nas cuestións enerxéticas/a>, no modo de habitar, na saúde/a>, e no trasporte. Tamén estamos a traballar en material de divulgación práctica para dar pistas á xente de en que liña adaptaren as súas (as nosas) vidas. Pero comprenderás que para falarmos de todo iso, nós ou calquera outra organización, precisas moito tempo. Anímote a procurar información noutros materiais sobre o peak-oil, do propio PostCarbon Institute ou das Transition Towns, p.ex. Tamén o Simpler way do Trainer e a propia proposta do Decrecemento son plenamente aplicables como accións que tomarmos diante do Teito.

  13. kerkus
    29 Febreiro, 2012 at 1:38 p.m.

    En fin.. que a pesares de ter pequenas diferenzas de enfoque, cousa na que soemos disipar moita enerxía, coincidimos no básico, en ser conscientes de moitos dos problemas aos que temos que enfrontarnos. Eu persoalmente non teño outra que felicitar a vespera de nada por esta web, que posúe información que considero crucial. Saúde!

  14. Xoán Doldán
    29 Febreiro, 2012 at 7:52 p.m.

    Grazas a ti, kerkus, por consultar a web, lernos e, sobre todo, polos teus comentarios e críticas. Non sobran ollos, nin brazos, nin mentes para construír o noso futuro.

  15. 1 Marzo, 2012 at 6:49 p.m.

    Tamén Joseph Sullivan parece que anda a falar deste tema da “visión positiva” no seu blog: http://visionesdeotrotiempo.wordpress.com/2012/02/18/peak-oil-la-transicion-y-la-importancia-de-una-vision-positiva/

  16. 1 Marzo, 2012 at 7:08 p.m.

    Copio aquí un texto de Pedro Prieto, que recupero por vir a conto do de se hai ou non hai futuro:

    El fondo de esta cuestión, me temo, es que la mayoría de los manifestantes creo que eran de nivel universitario (otra enfermedad moderna es la multiplicación exponencial de las universidades, en la mayoría de los casos, como productoras de títulos de disciplinas que no van a servir para nada). De hecho, los periodistas florero de las grandes cadenas y periódicos, ya se encargaban de entrevistar a jóvenes con carreras complejas y masters variados, para hacer ver que “tanto esfuerzo, para nada”. Pero me temo, que lo que subyace en este movimiento, no es tanto el reconocimiento explícito de que el sistema está agotado, como una súplica más a papá Estado para que aumente las becas, o ayudas o subvenciones, o asegure empleos bien remunerados (según el estándar europeo, claro) para que esta generación “no viva peor que la anterior”, algo que indica que no han interiorizado que se acabaron los días de vino y rosas.

    Precisamente sigo creyendo con Gramsci, que aunque haya pesimismo en el intelecto, tiene que haber optimismo en la voluntad.

    Creo, modestamente, que estos jóvenes están desorientados y siguen estándolo. SÍ HAY FUTURO, pero no va a ser el futuro de tener más que los papás, si es eso lo que esperan.

    Hay futuro de supervivencia en el campo, pero no para que el que cultive la hectárea y media que le toca en promedio, pueda luego ir a la capital a tomarse unas copas en el coche de 150 caballos; hay futuro en disciplinas del saber como la filosofía, las matemáticas, las ciencias básicas, la literatura, aunque sea sobre pizarrín y con tiza. No hay futuro para los licenciados en Ciencias Empresariales o en Dirección de Empresas o en Derecho (si se producen millones de titulados, porque no habrá seguridades jurídicas ni tribunales como los que ahora conocemos).

    No habrá trabajo para millones de arquitectos, o ingenieros industriales o de caminos, canales y puertos, porque no hay mucho más que construir; habrá para algunos pocos que se especialicen en como gestionar y mantener lo que se pueda de lo construido y asegurar derrumbes graduales y ordenados.

    No habrá trabajo para médicos de complejas y sofisticadas cirugías de millón de Euros por trasplante y sí se necesitarán muchos médicos con la antigua sabiduría de detectar el problema palpando al enfermo y con capacidad para hervir y reusar jeringuillas de las que ahora no hay, de metal y capacidad de evitar epidemias, atajar infecciones simples, sacar una muela con poca anestesia u operar de apendicitis y atender un parto a domicilio. El médico polivalente y cercano al paciente, el médico de pies descalzos, tendrá futuro. El hiperespecialista, no lo tendrá.

    No hay futuro para el turismo de masas y de largas distancias y sí para hacer excursiones al monte del pueblo el fin de semana, pero con una simple garrota y una cantimplora de calabaza hueca y no dos bastones de Coronel Tapioca con amortiguación, GPS, cronómetro -a ver si se bate alguna marca-, casco de fibra de carbono y botellita reciclable de Isostar.

    No habrá futuro para economistas y administrativos trabajando en cada una de los millones de sucursales bancarias que pueblan nuestros locales comerciales por toda la geografía, ofreciendo “productos financieros” complejos a las ancianitas que se acercan con la cartilla a sacar o meter algo de dinero (debe y haber).

    No hay futuro para un 20% de la población activa de funcionarios al 80% restante de los activos y a toda la población en tareas administrativas. No va a haber Estados (en realidad los Estados no soportan nada; son los propios ciudadanos los que sustentan al Estado) que puedan soportar esa carga, para pasar papeles, certificar cosas u ocupar ventanillas. Hay futuro para funcionarios que tengan funciones de prestación muy útil e imprescindible para la sociedad (maestros de escuela, médicos y enfermeras, etc.)

    Hay futuro para volver a aprender a cocinar lentamente con poca carne y mucha verdura o tubérculos, sabrosas comidas caseras. Hay futuro para volver a recuperar el zurcido, el tejido, el bordado, como honrosas disciplinas del saber, que ahorran tejido y lo hacen primoroso.

    Hay futuro para tirar el biberón en muchos casos y volver a la lactancia materna prolongada. Habrá poco futuro para guarderías donde aparcar niños a medio salario (y a veces más) de uno de los miembros de la pareja y mucho futuro en los cuidados compartidos y sin mucho esfuerzo y en la calle si hace bueno, de las criaturas de una comunidad por los propios progenitores.

    No lo habrá para el 85% de los comercios que pueblan las calles de nuestro país (y de todos los países sobre todo occidentales) y venden servicios y productos perfectamente prescindibles y en muchos casos, costosísimos: relojes -ya todos tenemos diez per capita-, colonias que sugieren que te olerán las mujeres como si fueran perras en celo o que tu las olerás a ellas como si fueras un perro oliendo a hembra en celo a 6.000 Euros el litro.

    No hay futuro para la formula I, ni para la moto GP, ni para el circuito de tenis profesional, ni para el fútbol de pago, pudiendo haber fútbol de barrio. No hay futuro para 70 canales de televisión vomitando mierda, pero eso si, las 24 horas al día, por ese nuevo horror al vacío en la pantalla.

    Y así podría seguir hasta el infinito; lo haré en mi libro siempre inacabado, que se titulará “lo prescindible” y que tendrá unas 500 páginas llenas de propuestas de este tipo, espero que mejor estructuradas.

    Por eso he echado de menos en esta manifestación de jóvenes a los que nadie, al parecer, les ha dicho algo ligeramente diferente que lo que suele colocar como eslogan uno de nuestros lectores [de CrisisEnergetica.org]:

    ¿Les habéis dicho a vuestros hijos que les estamos robando el futuro?

    Porque en realidad habría que decirles que ya les robamos un modelo de futuro hace alguna generación y que solo queda escape hacia otro modelo de mucho menos confort material, aunque seguramente tendrá alguna ventaja que tendrán que explorar.

    Estas cosas son las que mis hijos están hartos de oír de su padre. Y ni siquiera ellos, las más de las veces, me hacen caso.

    (Publicárao eu orixinalmente no web de D3: http://www.d-3.info/democraciadirecta/2011/04/09/juventudsinfuturo-y-democraciarealya-justa-indignacion-pero-desorientada-y-timida/ )

Deixa una resposta a Xoán Doldán Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *