Curso en Miño de horticultura ecolóxica para a autosuficiencia alimentar

Os amigos da Casa Pousadoira comezarán esta fin de semana un curso que se prolongará durante varias fins de semana. Moi útil para avanzarmos de cara á máxima autosuficiencia alimentar:

Produtos da hortaAgora propoñémosvos un curso sobre cultivo de hortalizas enfocado ao consumo propio. Aprenderemos a programar o cultivo, a distribuir espazos na horta, a manexar a terra e a fertilidade, ademais de todo o relacionado coa sementeira e cultivo das plantas máis habituais nas nosas hortas. Variedades, rotacións e asociacións de cultivos, doenzas e plagas, e cómo conservar os alimentos para aproveitar os excedentes.

Será ao longo de tres fins de semana durante a primavera.
31 de marzo e 01 de abril, 12 e 13 de maio, 9 e 10 de xuño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *