Xoán Bascuas (Compromiso x Galicia): «Afrontarmos o peakoil é un tema fundamental agora e no futuro»

Xoán Bascuas e o peakoilTras ter recibido e analizado o documento de propostas sobre o Teito do petróleo publicado pola nosa asociación, Xoán Bascuas, cabeza de lista para o parlamento de Galiza por CxG comunicouse connosco por medio de Twitter para darnos a postura do seu partido:

Tras ler as propostas parécenos moi interesante, de feito coido que algunhas medidas levámolas xa no programa. Por falta evidente de tempo o programa non pode modificarse, pero si recollemos o espírito do documento e da preparación para o #peakoil.

Pese a todo, non todas as medidas serían incluídas nun futuro documento. Pero si grande parte das aportacións.

Estamos comprometidos con este tema fundamental e de inevitable tratamento presente e futuro.

Tras a incorporación das nosas propostas ao programa do Partido da Terra, a recente mención por parte dos candidatos de AGE do teito do petróleo en campaña e esta postura oficial de CxG, son xa 3 as opcións electorais que están tomando en conta, en maior ou menor medida, o peak oil nesta campaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *