As cancións cuxos videoclips insertamos a continuación forman parte do último disco da banda británica de rock Muse, titulado «The 2nd Law» (A Segunda Lei, facendo referencia á segunda lei da Termodinámica).
É evidente que os membros deste grupo coñecen o problema do peakoil e o colapso civilizatorio ao que nos diriximos, e de aí as súas referencias á entropía e á enerxía no álbume e nomeadamente nestas cancións cuxas letras traducimos embaixo.
Sen dúbida é preciso que a verdadeira natureza da crise terminal que afrontamos penetre na sociedade por medio de expresións artísticas en todos os campos, e a música popular non é o menos importante deles. Por iso parabéns a Muse por trasmitir estas mensaxes aos seus millóns de fans por todo o mundo!
Muse — The 2nd Law: Unsustainable
[ACTUALIZACIÓN 24/11/2012: Advertimos de que este primeiro vídeo contén imaxes subliminais.]
Tradución da letra orixinal en inglés segundo consta no wiki do grupo:
Todos os procesos naturais e tecnolóxicos
proceden dun xeito no que a dispoñibilidade
da enerxía restante diminúe.
En todos os intercambios enerxéticos,
se non hai enerxía que entre ou saia dun sistema illado
a entropía dese sistema aumenta.
A enerxía continuamente flúe desde
estados concentrados a converterse en dispersa
estendida, gastada e sen utilidade.
Non se pode crear nova enerxía
e a enerxía de alto grao está sendo destruída.
Unha economía baseada no crecemento sen fin é
Insostible, inso…
Insostible, insostible, inso…
Ins’ ins’ insostedor, insostedor
Insos…
Insostible, insostible
Ins’ ins’ ti es insostibleAs leis fundamentais da Termodinámica colocarán
límites fixos na innovación tecnolóxica
e no avance humano.
Nun sistema illado;
a entropía só pode aumentar.
Unha especie que teima no crecemento sen fin é
Insostible, inso…
Insoster, insoster, inso…
Ins’ ins’ insostedor, insostedor
Inso… Insoster
Insoster
Ins’ ins’ ti es insostible.
Muse — The 2nd Law: Isolated system
Tradución da letra orixinal en inglés segundo consta no wiki do grupo:
Nun sistema illado, a entropía só pode aumentar
(Emisión de radio e TV captada aleatoriamente)
Nun sistema illado, a entropía só pode aumentar
Nun sistema illado, a entropía só pode aumentar
Nun sistema illado
Nun sistema illado (a entropía)
Sistema illado (a entropía só pode aumentar)
Sistema illado
Illado
(sistema) Illado
Illado
(sistema) Illado
Illado (a entropía)
Illado
Illado
Illado
Trailer do disco The 2nd Law
No videoclip que sirveu de trailer ou presentación do disco, hai referencias visuais moi claras ao petróleo:

No segundo vídeo —unha clara alegoría da carreira imposible do crecemento continuo fuxindo permanentemente da crecente entropía ata que esgotamos a enerxía dispoñible— hai un momento no que un coche coa matrícula “Helium 3” aparece no camiño dos rapaces que fuxen do caos. É moi revelador que o coche sucumbe totalmente ao caos, querendo dar a entender, na miña opinión, que os miragres tecnolóxicos non existen e que estas falsas promesas de salvación enerxética da Humanidade van quedar en nada.
“Helium 3” é o selo discográfico que edita os discos de Muse, unha subdivisión da Warner, pero tamén é, segundo di a Wikipedia…
Velaquí un dos fotogramas subliminais do primeiro dos vídeos (o do tema “Unsustainable”).
Imaxino que están insertados para provocar desasosego no espectador baixo a imaxe de frialdade coa que a suposta presentadora nos explica que a nosa civilización está fodida!
Nalgún web adicado a temas musicais está tamén poñéndose de relevancia a relación do vídeo co peakoil. Un exemplo: MUSE PREACH PEAK OIL AWARENESS IN NEW DUBSTEP TRACK “UNSUSTAINABLE”
Máis comentarios ao respecto nunha entrevista coa banda publicada por The Guardian:
http://www.guardian.co.uk/music/2012/sep/30/muse-2nd-law-tour-interview
Máis sobre as ideas de Bellamy nese mesmo artigo:
Máis información sobre o interese do grupo no tema do peakoil:
http://www.nzherald.co.nz/entertainment/news/article.cfm?c_id=1501119&objectid=10835133
Máis: http://www.news.com.au/news/muse-combine-love-and-science/story-fnejnl1p-1226481773639
Oiço esta banda há uma década, mas ainda não tinha dado atenção a est álbum. Obrigado por este post, tenho de comprar o CD. Deixei algumas impressoões no meu blogue, em inglês.
Abraço.
Obrigados, Luís. Agora grazas a ti temos tamén un post en inglés para espallar esta obra e que poida achegar algo máis na difusión popular do problema.
Sería interesante contactarmos con Matt Bellamy… a ver se algún de nós o consegue e nos pode explicar un pouco máis acerca da mensaxe que queren trasmitir.
Curioso o tipo este, o Bellamy. No wiki que apuntades no artigo aparecen as súas ideas sobre o acaparamento de terras, neste link http://www.musewiki.org/Explorers_%28song%29
O que comenta casdeiro do helio 3 tamén aparece nesa outra canción cando di “But when the black gold’s in doubt There’s none left for you or me Fuse helium-3, our last hope” Parece que confían en que nos salve a fusión nuclear, entonces.
Camba, e non será que pasaron de crer na fusión nuclear como saída a velo como algo que non funcionará nesta outra canción? Se cadra as compuxeron en momentos diferentes e quixeron mantelas no mesmo álbume para deixar a porta aberta a unha interpretación ambivalente. Non sei…
Volvo ver estes vídeos despois dun tempo e sego a marabillarme coa potencia alegórica de “2nd Law: Isolated System”. Poderiamos ver os rapaces que van caendo alcanzados pola entropía como os diferentes países ou clases sociais que van sufrindo antes as consecuencias (que “van por barrios” como soemos dicir) desta crise terminal. E a última rapaza, a que comprende que fuxir para diante é inútil, representa se cadra o momento en que unha sociedade decide deterse, deter a tola carreira polo crecemento, reflexionar e virar mesmo cara atrás, para desandar un treito do camiño, volver a niveis máis baixos de complexidade e enerxía e asumir o colapso como unha vía inevitable, pero agora, consciente (salta dentro do caos, non resulta alcanzada por el tras caer ou ir menos rápido do que a entropía). Unha alegoría potentísima, na miña opinión.