Non extraña a alarma que se pode percibir nas análises que incluímos embaixo e que foron publicando diversos estudosos do problema enerxético acerca do informe anual WEO recentemente publicado pola AIE: non é para menos.
Ao final o que se deduce é que:
- o cambio climático non hai quen o pare (máis de 3ºC de temperatura media, din);
- en Irak están sacando rapidamente todo o petróleo que poden;
- Arabia deixará de ser o surtidor do mundo;
- EE.UU. vai facer fracking por canto sitio hai, que tamén nos tocará polo Estado español;
- a demanda de auga para usos enerxéticos vai dispararse (e, do mesmo modo, a súa polución);
- a suposta bonanza dos EE.UU. só duraría 5 anos; ademais é falso que exporten petróleo porque o convencional continúa a baixar nos USA e o non convencional so medra, e non tanto, até 2025, para logo caer tamén;
- a trampa contábel está —xa comenza a ser habitual— en sumar allos con bugallos, é dicir, petróleo do bo co malo + gas do bo e do malo + o que se tercie;
- os prezos do barril en 2035 serán de 125 euros (dos de 2011, é dicir, sen ter en conta a inflación) que, se os prezos subisen a unha media ridícula do 2% anuais serían algo máis de 200 euros nominais.
Reaccións ao WEO 2012
(Iremos ampliando a medida que coñezamos máis.)
- Recoñecemento oficial (malia que discreto) de que o petróleo está a devalar: resumo no noso blog da análise de Antonio Turiel.
- John Michael Greer: Deterrence in an Age of Decline
- Kjell Aleklett: An analysis of World Energy Outlook 2012 as preparation for an interview with Science
- Michael Klare: The World Energy Report’s scariest findings
- Gail Tverberg: IEA Oil Forecast Unrealistically High; Misses Diminishing Returns
- Smart Planet: U.S. will not surpass Saudi Arabia’s oil production by 2020
- Crude Oil Peak: US Shale Oil hype