Un movemento a prol do decrecemento e consciente do «peakoil» arrasa nas eleccións italianas

O MoVimento 5 Stelle (5 estrelas) liderado polo activista e cómico italiano Beppe Grillo vén de arrasar nas eleccións italianas de tal xeito que se convertiu na primeira forza política aínda que non teña maioría: máis do 25% dos votos, lista máis votada e 108 parlamentarios.

Tanto o seu non-líder Grillo como o M5S amósanse antipartidos, contra el circo político-mediático e a prol da democracia directa e da democracia a través de Internet. Entre os aspectos propugnados por eles que nos parecen máis salientables desde a perspectiva de Véspera de Nada están:

  • A consciencia acerca do Teito do petróleo e a súa difusión pública.
  • A aposta polo Decrecemento.
  • A demanda de aforro enerxético.
  • A aposta pola Permacultura.
  • A aposta por unha sociedade slow (lenta): slow food, slow cities

Persoalmente resúltame moi interesante e esperanzador que unha forza política de novo cuño xorda con tanta forza nun país tan achegado facendo bandeira destes temas, fundamentais para a mudanza revolucionaria que precisamos. Desde Véspera de Nada seguiremos atentos á súa acción política dentro de fóra do Parlamento italiano.

Máis información:

5 reflexións sobre “Un movemento a prol do decrecemento e consciente do «peakoil» arrasa nas eleccións italianas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.