Esquerda Unida reclama que o concello de A Coruña revise os seus orzamentos para ter en conta o «peakoil»

EU-V A CoruñaHoxe fíxonos chegar César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida – Os Verdes na cidade de A Coruña, un comunicado de prensa no que demandan do actual goberno municipal que teña en conta a situación de declive económico e enerxético e que evite «a ruína da cidade» e «a pobreza dos seus habitantes». Lembramos que a agrupacion de Esquerda Unida na Coruña levou no seu programa para as eleccións municipais unha manchea de propostas que a nosa asociación elaborara para adaptar a cidade ao Teito do petróleo.

Salientamos a continuación algúns aspectos do comunicado (PDF íntegro):

  • Solicítase a creación dunha comisión especial que avalíe todas as medidas orzamentarias e o endebedamente do concello á luz do Teito do petróleo:

    Da mesma maneira que se someten todas as propostas municipais a análises económicas e xurídicas antes de presentalas ao pleno, esta comisión analizará a racionalidade enerxética de calquera proposta plenaria á luz do teito do petróleo para evitar medidas que choquen coa realidade enerxética.

  • EU-V acusa ao goberno municipal (do PP) de ser miope diante da realidade enerxética (escaseza de petróleo) que nos espera.
  • Advirte de que a crise enerxética debida ao peakoil agravará a actual crise económica.
  • Acusa ao goberno municipal de seguir políticas continuistas e de non mudar o modelo produtivo para procurar a resiliencia da cidade.
  • Acúsao tamén de investir en obras que podían ter sido interesantes noutros tempos pero que agora deberían ser aparcadas para priorizar o gasto público en actuacións que preparasen A Coruña para o devalar enerxético.
  • Demanda unha mudanza revolucionaria na maneira de entender as contas públicas, o reprantexamento de todos os gastos do concello e o alixeiramento das súas estruturas administrativas. Propón así por exemplo:

    cuantificar o aforro para o municipio e para os veciños daquelas medidas pospetróleo nas que se traballe con fontes locais e resilientes

One thought on “Esquerda Unida reclama que o concello de A Coruña revise os seus orzamentos para ter en conta o «peakoil»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *