Tractorada este domingo contra a mina de Corcoesto (Bergantiños)

Banner tractorada contra a mina de ouro en Corcoesto

O vindeiro domingo 7 de Abril de 2013 a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha tractorada mixta (tractores e coches) que sairá do campo da feira de Ponteceso ás 11 h. e rematará fronte á casa do concello de Cabana de Bergantiños en A Carballa. Previamente, deste distintos puntos da comarca sairán columnas para converxer en Ponteceso.

Esta mobilización está convocada para protestar pola posíbel implantación dunha grande mina a ceo aberto en Corcoesto na que se utilizarán enormes cantidades de cianuro para a extracción do ouro (1,7 gramos por cada millón gramos de veta aurífera e que terán que remover case 10 toneladas de rocha para acceder á mesma), as cantidades de cianuro a utilizar son de unhas dimensións inimaxinábeis: 1,49 toneladas diarias durante os 365 días do ano e durante os 8,1 anos de explotación previstos pola empresa canadiana Edgewater. Xunto á utilización do cianuro está a contaminación por arsénico (as vetas están compostas por arsenopiritas), minerais pesados coma o níquel, chumbo, ferro… que provocarán non só danos irreparábeis na flora e fauna senón tamén na saúde humana.

Desde Véspera de Nada apoiamos esta protesta e convidamos a todos a participar fisicamente nela ou difundindo este banner e nas redes sociais de Internet.

Segue lendo no blog da Plataforma…

2 thoughts on “Tractorada este domingo contra a mina de Corcoesto (Bergantiños)

  1. 5 Abril, 2013 at 10:06 a.m.

    Podedes usar en Twitter a hashtag #tractoradaCorcoesto p.ex.

  2. 5 Abril, 2013 at 11:14 a.m.

    Para difundir pódese empregar este código, que visualizará o banner e o ligará coa páxina da Plataforma:


    <a href="http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/2013/04/1024x768-normal-0-21-false-false-false.html" title="Tractorada: por un aire puro, sen arsénico nin cianuro. NON á mina de Corcoesto"><img src="http://vesperadenada.org/files/2013/04/Banner-Tractorada-Corcoesto-20130407-mina-ouro-edgewater-cianuro-mineira.gif" alt="Banner tractorada contra a mina de ouro en Corcoesto" title="Tractorada: por un aire puro, sen arsénico nin cianuro. NON á mina de Corcoesto" /></a>

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *