Véspera de Nada únese á manifestación deste domingo 14 de abril en Carballo contra a mina de Corcoesto

A Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo expresa o seu apoio á gran manifestación convocada para o domingo 14 de abril en Carballo contra o proxecto de mina en Corcoesto.

Cartel da manifestación en Carballo do 14 de abril de 2013 contra a mina proxectada por Edgewater en Corcoesto

O noso futuro é a terra, non o ouro dos mouros que chegados do Canadá pretenden espoliarnos en troca dunha presada de postos de traballo efímeros, e deixando tal herdanza envelenada (cianuro, arsénico…) e tal destrución e contaminación na zona que destruirían no só o seu futuro senón o presente de centos de explotacións agrogandeiras, as augas, o aire e o solo que son o fundamento da vida en Bergantiños e en calquera lugar. Non destruamos o noso futuro! MINA NON! CIANURO NON!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *