A nosa asociación foi convidada a presentar mañá domingo 16 de xuño as nosas actividades e dar unha breve palestra sobre o peak oil no encontro para a posible creación dun nodo galaico da chamada Revolución Integral. Será en Vigo, no CSOA Xuntas, e a nosa intervención terá lugar contra as 16:30 horas.
No documento adxunto (PDF) podedes ver os apuntamentos do que iremos contar alí, baixo o título de Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo e a revolución urxente. No encontro tamén repartiremos algunhas copias impresas do caderno formativo que fixéramos hai dous anos para a Escola Popular Galega e un recente artigo de Joaquín Sempere para ampliaren información as persoas asistentes.

Grazas ao CSOA “Xuntas” e aos promotores do Nodo Gallaecia pola oportunidade de introducir a estratéxica cuestión do devalar enerxético no debate para a configuración do nodo. Non puiden quedar ata o final do encontro por ter que coller tren de volta para casa pero seguiremos con interese o desenvolvemento deste incipiente proxecto.
Um pdf muito interessante. Dava para uma jornada inteira de desenvolvimento, que podia ser bem didáctica. Coloco em destaque: “Revolución ou colapso, pero unha revolución de tipo antropolóxico, ao nivel da invención da Agricultura e da Revolución Industrial.” Uma revolução axiológica. Ps. A respeito dos detritívoros, lembro o exemplo típico das áulas de ecologia: Se num tubo de ensaio com alimento uma colónia de batérias a) duplica o seu tamanho cada segundo, e b) Ao cabo duma hora a colónia ocupa a totalidade do tubo (e portanto o 100% do alimento foi consumido). Pergunta: em que momento a colónia tem um tamanho equivalente ao 50% do espaço disponível e, portanto, ainda resta o 50% de alimento por consumir? // Apertas.
Grazas, José. Non vira o teu comentario ata o de agora. Tesme que perdoar… o sistema de aviso de comentarios de Blogaliza parece que ten un problema co meu enderezo e non me chegan os avisos de respostas.
E si, ese exemplo tan contundente utilízoo eu sempre que podo… mais falando de lévedos e de botella de mosto 🙂 Tamén Taibo o fai pero noutra versión. É algo moi claro, tanto do que sucede como do mal que o entende a nosa especie en xeral.