Este martes celebramos unha xuntanza no Parlamento de Galiza co deputado de AGE Antón Sánchez García na que falamos das acción políticas que este grupo parlamentar vén realizando e vai realizar vencelladas co problema do Teito do petróleo e as medidas que incluíran de cara ás eleccións galegas do pasado ano.
A comunicación de Véspera de Nada coas forzas políticas que compoñen esta coalición vai continuar nos vindeiros meses co obxectivo de que no novo periodo de sesións do parlamento que comeza tras o verán se poidan plasmar accións dirixidas a preparar o país ante a situación do colapso á que nos aboca o peakoil.