Debate sobre o pico do petróleo e proxección de «The Power of Community» o domingo 1 de decembro na Coruña

Xa está programada unha das primeiras presentacións en sociedade da Guía para o descenso enerxético que estamos a rematar de preparar. Será na Casa Tomada da Coruña o domingo 1 de decembro [ACTUALIZACIÓN 29/11/13: será na sede de Hábita Social], e no acto, que contará coa presenza de membros de Véspera de Nada e do denominado Proxecto Integral tamén se proxectará un dos documentais imprescindibles sobre a resposta comunitaria diante do peak oil: o filme “The Power of Community: How Cuba survived peak oil” que conta o caso único de Cuba como país que se adaptou para vivir cunha escaseza permanente de petróleo.

Os que non poidades asistir podedes ver a película online en:

powerofcommunity-640x232

Unha reflexión sobre “Debate sobre o pico do petróleo e proxección de «The Power of Community» o domingo 1 de decembro na Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.