A proxección que anunciabamos do documental “Power of Community: How Cuba survived to Peak Oil”, e que precederá a un debate sobre o Teito do Petróleo no que participarán membros de Véspera de Nada e no que presentaremos a Guía para o Descenso Enerxético (máis ben unha pre-presentación, pois o libro aínda está rematándose), foi trasladado fóra da Casa Tomada, á sede da cooperativa Hábitat Social, tamén na Coruña. No web da Casa Tomada tedes máis información e a ubicación do novo lugar: será ás 18 h, no local de Hábitat Social na Praza de Azcárraga.
Unha reflexión sobre “O debate deste domingo na Coruña trasládase á sede de Habitat Social”