Véspera de Nada participará no Encontro Galego de Educación Ambiental, este sábado 25 en Compostela

encontro-galego-educacion-ambiental-20140125A nosa asociación foi convidada polos organizadores do Encontro Galego de Educación Ambiental que terá lugar en Compostela este sábado 25 de xaneiro. Participará representando a nosa asociación o noso presidente: Xoán Ramón Doldán García. A intervención de Doldán terá lugar na mesa redonda sobre “Novos espazos para a educación ambiental”, punto de encontro para experiencias que teñen que ver coa educación ambiental aínda que non aborden de forma explícita e se centrará nas necesidades de educar ao respecto do coñecemento do Peak Oil e acerca da necesaria transición enerxética.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *