A nosa asociación foi convidada a participar nunha charla-debate con outros colectivos dentro da xornada (IX Encontro) que a Rede Galega de Sementes vai celebrar o sábado día 15 de febreiro en Betanzos. Begoña de Bernardo e Manuel Casal falarán sobre Teito do Petróleo, transición enerxética e resiliencia a partir das 18:30 h, na Praza do Campo / Irmáns García Naveira [CAMBIO DE ÚLTIMA HORA polo tempo… O Encontro terá lugar no MATADOIRO, Rúa José García Acuña / Rúa Marina]
Programa
- 10.00h Apertura da feira
- 11.00h Apertura da mesa de troco
- 12.00h Obradoiro de “Plantas que curan plantas. Puríns e extractos vexetais para a horta”. Obradoiro para crianzas
- 14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir! Obradoiro para crianzas
- 18.30h Charla-Debate “Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado”. Casos concretos na Galiza:
- Megaminería destructiva na Costa da Morte (Contraminate).
- Cénit do petróleo, transición e resiliencia (Véspera de nada).
- Lei de Augas (SLG).
- Transxénicos e soberanía alimentaria (AGE).
Unha reflexión sobre “Palestra de Véspera de Nada en Betanzos o 15 de febreiro, na xornada da Rede de Sementes”