Palestra de Véspera de Nada en Betanzos o 15 de febreiro, na xornada da Rede de Sementes

A nosa asociación foi convidada a participar nunha charla-debate con outros colectivos dentro da xornada (IX Encontro) que a Rede Galega de Sementes vai celebrar o sábado día 15 de febreiro en Betanzos. Begoña de Bernardo e Manuel Casal falarán sobre Teito do Petróleo, transición enerxética e resiliencia a partir das 18:30 h, na Praza do Campo / Irmáns García Naveira [CAMBIO DE ÚLTIMA HORA polo tempo… O Encontro terá lugar no MATADOIRO, Rúa José García Acuña / Rúa Marina]

Programa

  • 10.00h Apertura da feira
  • 11.00h Apertura da mesa de troco
  • 12.00h Obradoiro de “Plantas que curan plantas. Puríns e extractos vexetais para a horta”. Obradoiro para crianzas
  • 14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir! Obradoiro para crianzas
  • 18.30h Charla-Debate “Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado”. Casos concretos na Galiza:
    • Megaminería destructiva na Costa da Morte (Contraminate).
    • Cénit do petróleo, transición e resiliencia (Véspera de nada).
    • Lei de Augas (SLG).
    • Transxénicos e soberanía alimentaria (AGE).

(Descarga o cartaz en PDF.)

feira-sementes-betanzos-20140215-640x456

One thought on “Palestra de Véspera de Nada en Betanzos o 15 de febreiro, na xornada da Rede de Sementes

  1. Casdeiro
    13 Febreiro, 2014 at 6:24 p.m.

    CAMBIO DE ÚLTIMA HORA polo tempo…

    O Encontro terá lugar no MATADOIRO

    Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos

Deixa una resposta a Casdeiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *