Plantas para coidar plantas. Mañá martes 18 de febreiro en Compostela

Organizado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, no marco do proxecto de Hortos Urbanos de USC en Transición, terá lugar este martes 18 de febreiro ás 19:15 h unha palestra sobre “Plantas que coidan plantas”, a cargo de Emilio Román Leis, membro de Véspera de Nada.

Será na Aula 5 da Facultade de Bioloxía (Campus Sur en Compostela), e simultaneamente por videoconferencia na Aula XXV Aniversario da Facultade de Veterinaria, no Campus de Lugo. A entrada ao acto será libre ata completar aforo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *