Mañá, debatemos sobre Peak Oil e Decrecemento en Radio Cuac FM

O 10 de abril Begoña de Bernardo participará en representación de Véspera de Nada nun debate radiofónico na emisora coruñesa Cuac FM, no que tamén intervirán Miguel Anxo Bastos Boubeta (professor de Ciencias Politicas na USC), Fernando Blanco (responsable da sección de química do sindicato CIG), Demetrio Vázquez (secretario xeral de CC.OO. na Coruña) e un representante de ADEGA aínda por confirmar.

O debate terá lugar dentro do programa Está a pasar (de 19 a 20 h), será moderado por Maria Castelo, xirará entorno a Teito do Petróleo e Decrecemento e levará por título “Decrescer para viver melhor” e nel hase falar tamén da publicación da nosa Guía para o descenso enerxético, por suposto. Radio Filispín e Radio Burela emitirán o debate en diferido, o cal tamén estará dispoñible online despois da súa emisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *