Presentamos na Coruña a «Guía para o descenso enerxético» neste xoves 8 de maio

No local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (R/ Olmos, 16-18) terá lugar este xoves 8 de maio, ás 20 h, un novo acto de sementeira revolucionaria entorno á nosa Guía para o descenso enerxético. No acto intervirán Begoña de Bernardo e Maria Castelo, da Asociación Véspera de Nada. Como en anteriores actos, presentarán o libro e encentarán un diálogo coas persoas asistentes en torno ás accións propostas nesta obra colectiva de cara a poñer en marcha unha trasformación revolucionaria na Galiza.

Como continuación destes debates lembramos que existe un foro onde ampliar o diálogo a persoas de todo o país.

guia-descenso-enerxetico-foto-by-martinho-picallo-P1030501-640x480

2 thoughts on “Presentamos na Coruña a «Guía para o descenso enerxético» neste xoves 8 de maio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.