O pasado día 24 de abril o presidente de Véspera de Nada, Xoán Ramón Doldán García, fora convidado a participar —en calidade de presidente que tamén é da Asociación de Economía Ecológica en España— nun debate do máximo nivel organizado por un colectivo de arquitectos cataláns moi concienciados coa situación de colapso que estamos vivindo. No debate acompañouno o afamado economista crítico Santiago Niño Becerra, e Jordi Solé, quen substituiu ao seu compañeiro no Oil Crash Observatory Antonio Turiel, convalecente dunha intervención cirúrxica. O debate posterior tamén tomaron parte destacados analistas como Miren Etxezarreta e Joaquim Sempere. Queremos compartir convosco os vídeos desta xornada, que xa foron publicados polos organizadores así como o texto da intervención de Xoán Doldán —titulada Crisis financiera, energètica y ambiental: ¿Existen alternativas?—, na que tamén aproveitou para presentar brevemente ao público catalán a nosa Guía para o descenso enerxético.
Inserimos a continuación o vídeo da intervención de Doldán xunto co debate posterior cos tres conferenciantes e mais co público:
Unha reflexión sobre “Intervención de Xoán Doldán en Barcelona na xornada sobre crise e decrecemento forzoso (24/04/14)”