O 7 de maio o programa A Estación de Radio Redondela entrevistou a Xoán R. Doldán, co gallo da publicación da Guía para o descenso enerxético. Podedes escoitar a entrevista completa, de 17 minutos, descargando o MP3 ou premendo no reprodutor que tedes embaixo. No programa Doldán explica o Teito do Petróleo, as consecuencias que terá para a nosa sociedade en todas as facetas da vida, e fala acerca das propostas que ofrece o noso libro así como das iniciativas que da sociedad e mesmo algunhas administracións públicas están a facer fronte ao problema.
(Fe de erratas: Contra o final Doldán —min. 15 e medio— menciona a “Axencia Internacional de Estatística” cando o que quería dicir era “Axencia Internacional de Enerxía”.)