Membros de Véspera de Nada promoven e asinan o manifesto «Derradeira chamada»

ultima-llamada-v0-2-640x927Promovido e elaborado —entroutros activistas, académicos e políticos de todo o Estado Español— por Xoán Doldán e Manuel Casal, o manifesto Última llamada (Derradeira chamada na súa versión en galego), este manifesto por unha urxente axuste das políticas de esquerda aos límites biofísicos do planeta, polo decrecemento e unha nova civilización poscrecemento, contou coa sinatura inicial no seu lanzamento de varios membros da nosa asociación como: Begoña de Bernardo, Begoña Herce, Pepe Valverde, Luis Valcarce, Afonso Fernandes, Henrique Pérez Lijó, Maria Castelo ou Xabier Vázquez Pumariño. Asemade conta coa presenza entre os asinantes de partida de destacados políticos e activistas galegos, entre os que se poden salientar Xosé Manuel Beiras, Martiño Noriega, Yolanda Díaz, Lidia Senra, Antón Sánchez, Eva Solla, Manoel Santos (de AGE), César Santiso (de EU-Coruña), Ana Miranda (BNG), Xan Duro e Chus Bóo (Espazo Ecosocialista), Lois Pérez Leira (A Esquerda) ou varios militantes do Partido da Terra, así como coñecidos escritores na nosa lingua como Teresa Moure e Séchu Sende. Tamén asinan outras galegas e galegos destacados como Laura Bugalho, Comba Campoy, Xavier Simón, Alexandre Carrodeguas ou Emilio Santiago Muíño.

O manifesto nos seus dous primeiros días na Rede ten recollido máis de 5.000 apoios adicionais de cidadás e cidadáns conscientes do esgotamento dos recursos que soportan a civilización industrial-capitalista-consumos, da urxencia do cambio de mentalidade na cultura política, da unión das diversas forzas antisistema, e de plasmar esta consciencia en accións urxentes colectivas. O manifesto foi difundido ata o de agora por medios de todo o Estado como La Vanguardia, El Diario, La Marea, Público, Diagonal… en Galiza Praza Pública e en Portugal Esquerda.net. A noticia chegou mesmo ás primeiras posicións na coñecida rede social de noticias Menéame. Está sendo traducido a múltiples idiomas e será a base de novas accións de concienciación social, como encontros, debates, etc. nos vindeiros meses e do seu espallamento internacional.

4 thoughts on “Membros de Véspera de Nada promoven e asinan o manifesto «Derradeira chamada»

  1. pep
    14 Xullo, 2014 at 11:19 a.m.

    Está claro que temos que repensar o desenvolvemento, desligalo do consumo e ligado aos recursos biolóxicos

  2. M. Bustabad
    3 Maio, 2015 at 5:52 p.m.

    Gostaria de saber en que destaca Alexandre Carrodeguas?

    1. Casdeiro
      6 Maio, 2015 at 8:36 a.m.

      No activismo social. Calquera que procure o seu nome nun buscador atopará mostras diso 😉 Un exemplo das descricións do seu perfil como coñecido activista en Trasancos, que se poden atopar a nada que se busque: “Membro de Galiza Nom se Vende, Verdegaia e Comité de Emergência da Ria de Ferrol”.

Deixa una resposta a Casdeiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *