Palestra de Antonio Palma o 16 de outubro na Gentalha do Pichel

antonio-palma-ricoO noso ex-compañeiro Antonio Palma, permacultor e divulgador das cuestións relativas ao Teito do Petróleo, visita Galiza por primeira vez despois de marchar para a Araucanía hai 4 anos, onde segue a loitar por una nova sociedade postindustrial e poscapitalista en estreito contacto coas comunidades mapuches. Alí traballa como responsable de Sustenta Araucania (Consultoría de Sustentabilidad e Medio Ambiente).

Con ocasión da súa visita vainos contar a situación naquel lugar do mundo, poñéndoo en relación co proceso dunha Galiza pospetróleo que el axudou a poñer en marcha como membro de Véspera de Nada, e coa fase terminal do capitalismo mundial que estamos a vivir. Será na Gentalha do Pichel, en Compostela, o xoves 16 ás 20:30 h, coorganizada por Véspera de Nada e Sustenta Araucanía. Presentará Manuel Casal Lodeiro.

Velaquí máis información (e tamén no Facebook):

25 anos máis ata a derrota do capitalismo?

Reflexións e experiencias dende o sul do mundo

Nestes tempos de crise económica e enerxética global, Antonio ofrecerá unha recopilación de experiencias, datos e reflexións sobre a realidade actual do capitalismo, na súa versión moderna (o neoliberalismo), expresada —e máis ben sufrida— no extremo sul de Suramérica. Como é que non hai caso aínda de que remate este mal soño? Cando chegará a crise logo por estes derradeiros confíns do planeta?

Antonio dividirá a súa intervención nos seguintes puntos:

  • O sempre mal chamado conflito Mapuche: o capitalismo voraz no Wallmapu e o terrorismo en Chile. 10 veces estaremos a vencer.
  • O chiste do Tata Piñera para o seu chilito: Co censo e PIB amañados seguimos a medrar e chuchar do BID (Banco Interamericano de Desenvolvemento).
  • Extrativismo caníbal no sul de América: Petróleo, ouro, cobre… Perú, Arxentina, Chile… entroutros. Para cando o cénit da conquista?
  • O máis raro do mundo ven de China: estamos a piques de estoupar, mais sempre nos quedarán os chineses facendo cousas raras.
  • Historias dun trasgo wingka entre volcáns e fragas milenarias: Vai ser que aínda quedan 25 anos máis, non sei se chegaremos.

Descarga a imaxe do cartaz

Descarga o cartaz en PDF (preparado pola Gentalha) para imprimires e axudarnos coa difusión

One thought on “Palestra de Antonio Palma o 16 de outubro na Gentalha do Pichel

  1. 5 Outubro, 2014 at 10:39 p.m.

    Xenial ver a Antonio Palma por Galiza de novo!!!!!

    Grazas e esperamos poder asistir.

Deixa una resposta a Victor Boga Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *