Véspera de Nada participa no II Encontro Galego sobre o impacto da minaría

A nosa asociación acodirá representada polo seu presidente, Xoán Ramón Doldán, ao II encontro galego sobre o impacto da minaría organizado pola rede Contraminacción e que terá lugar mañá sábado 8 de novembro en Lugo, no local do Centro Social Madialeva, na rúa Ancares 18 (Lugo).

A continuación, o programa do encontro:

10:00 a 11:30 / Minaría e patrimonio. A problemática da mina a ceo aberto de Cementos Cosmos.

  • Marcos Celeiro, Asociación O Iribio (Triacastela) e
  • André Pena Graña, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola USC.

12:00 a 13:30 / O conflito de Corcoesto e a minaría aurífera en Galiza.

  • Paco García, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.
  • Guadalupe Rodríguez, Salva a Selva.

16:00 a 17:30 / Minaría e agricultura na Terra Chá.

  • Rosa Morán, veciña afectada de Muimenta.
  • Margarida Prieto Ledo, coordinadora da loita contra as minas no Sindicato Labrego Galego.
  • Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
  • Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

18:00 a 19:30 / Lexislación mineira e alternativas

  • Benedito Álvarez García, profesor de Ensino Secundario e experto en lexislación urbanística.
  • Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada e presidente de Véspera de Nada.
Representantes de Contraminacción na rolda de prensa de presentación do II Encontro sobre impactos da minaría.

Representantes de Contraminacción na rolda de prensa de presentación do II Encontro sobre impactos da minaría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.