Por que baixa o petróleo? (Análise I: Manuel Amigo)

Comezamos con este artigo de opinión do noso compañeiro Manuel Amigo unha serie de análises que iremos publicando nos vindeiros días acerca de actual baixada do prezo do cru.


manuel-amigo-evolucion-prezo-petroleo-nov-2014-v1-1Nestes días os peakoleiros somos obxecto mesmo de burla nos foros polos que nos movemos, por parte de optimistas, tecnoptimistas e habitantes varios da terra plana, debido á caída dos prezos do petróleo que estes atribúen a un aumento de oferta producido pola implementación en USA do fracking, o que segundo eles traslada o pico da extracción de petróleo un pouco máis adiante do infinito e máis alá.

Esta alegría só se ve empanada por un pequeno detalle que atenta contra toda lóxica económica: resulta que a caída dos prezos do petróleo e de todas as materias primas, no canto de catapultar as bolsas mundiais para arriba está a cadrar coas maiores caídas que se lembran nos mercados.

O mundo está a vivir as derradeiras fases dunha curta época de excepcional abundancia de recursos. Os que nos pastorean sábeno dende que llelo avisou o Clube de Roma no 1972, e dende a decada dos 80 veñen implementando un modelo económico baseado na abundacia de crédito barato orientado a preparar a transición a un mundo con escasos recursos.

Esta transición ciméntase na consecución dun obxectivo básico: reforzar o dominio das elites mundiais sobre a plebe no momento en que a posta en evidencia da escasez de recursos pode derivar en revolucións que alteren a orde estabelecida.

Este crédito barato xestionado con intelixencia actúa coma unha verdadeira arma de destrución masiva sobre a economía das clases humildes pois drena a súa riqueza cara ás elites impóndolles unha débeda odiosa que converte estas e as vindeiras xeracións en escravos de facto. Desprovistos de acceso aos recursos, aos medios de produción, e endebedados ata as cellas, quedan totalmente a mercede do que as elites decidan para eles nun futuro que xa teñen planificado.

Pero imos ao caso concreto do petróleo. A partir do 2005, e coincidindo co Peak Oil (o do petróleo cru, recoñecido anos máis tarde pola Axencia Internacional da Enerxía), as elites puxeron en marcha a derradeira e máis brutal campaña de crédito barato da historia da humanidade co mesmo obxectivo que vimos de explicar, pero co obxectivo engadido de daren viabilidade a unha economia mundial que cos prezos do petróleo por riba dos 100 dólares/barril sinxelamente había de colapsar.

O que interesa e unha demolición controlada, non o colapso do sistema. Así, cada repunte do prezo do petroleo foi acompañado pola saida dos helicópteros dos bancos centrais a botaren billetes… billetes que de ningunha maneira serven para reactivar a economía ou por en marcha recuperación algunha, xa que ao ser fisicamente imposíbel que a economía continúe a medrar, esta axústase mediante o peche de empresas, o aumento do paro, os axustes dos gobernos, aumento da morosidade, impagamentos, aumento exponencial da débeda e caída da calidade da mesma e, consecuentemente, unha caída brutal da demanda de petróleo.

Esta baixada da demanda é a verdadeira causa da baixada do prezo do petróleo. Non hai demanda porque a actividade económica nos países do chamado primeiro mundo está en mínimos, e se temos en conta que os prezos do petróleo son a futuro (para entrega en tal data), non semella que se enxergue sinal esperanzador algún.

Pero aínda cómpre dicir máis. Temo que, así como o petróleo chegou ao seu Teito no ano 2005, a capacidade de endebedamento neste mundo finito está total e absolutamente superada; é dicir, xa estamos no punto en que a débeda per capita é tal que xa abonda para asegurar a escravitude das vindeiras xeracións. Así e todo, estamos no punto de risco de que a poboación se percate de que está a ser timada, pois non se lle pode deber a alguén 100 veces o valor do planeta.

Así, o prezo do petróleo baixará, as inversións precisas para asegurar a produción non se farán (porque xa non hai máis crédito dispoñíbel), os países produtores non cubrirán os custes de extracción (polo que se deixarán de explotar pozos), o crédito preciso para os medios de explotación máis custosos non fluirá (a quebra de moitas empresas extractoras estará asegurada), as economías dos países produtores resentiranse reducindo de paso a demanda de petróleo e arrastrando para abaixo o prezo do mesmo (as caídas do prezo do barril poden ser brutais).

Sendo así as cousas, o que se presenta como unha boa noticia para as economías mundiais é en realidade o comezo dun colapso económico mundial: témese un default de Rusia, Venezuela semella ao borde do colapso, os países Arabes na corda frouxa e o fracking made in USA a punto de estoupar coma unha castaña.

O que está claro é que unha recuperación da economía xa é de facto imposíbel, xa que en canto a demanda de petróleo que iso requerería aumente, a escasez de oferta disparará os prezos a niveis inasumibeis.

…Vivimos tempos interesantes, abofé que si.

13 thoughts on “Por que baixa o petróleo? (Análise I: Manuel Amigo)

  1. Casdeiro
    21 Decembro, 2014 at 8:13 p.m.
  2. Casdeiro
    31 Decembro, 2014 at 8:11 a.m.

    Engadimos reciente e breve explicación a cargo de Antonio Turiel, seguida por unha previsión persoal de como poden evoluir os prezos o ano que vén:

    Volatilidad del precio del petróleo: Ya hemos explicado que la actual situación de bajos precios del barril de petróleo perjudica a todos los productores, tanto países como grandes compañías. Desgraciadamente, la mayoría de los analistas (incluso los que asesoran a nuestros gobiernos) están convencidos de que en realidad lo que está pasando es una guerra comercial en la que Arabia Saudita está intentando arruinar, según la versión, a Rusia, Irán o incluso a los EE.UU. Nada más lejos de la realidad: lo que está pasando es que la demanda cae por la mala evolución económica de Europa, Japón, China, India, Brasil y Rusia. No es que la demanda haya caído mucho, sólo un 1-2%, pero en la actualidad la producción es muy inelástica y una pequeña bajada de la demanda causa una gran bajada en el precio. Se dice que la OPEP y Arabia Saudita están aumentando la producción para hundir los precios, pero en realidad, como muestra el Oil Market Report de la AIE, la producción de la OPEP ha bajado ligeramente desde Septiembre. En realidad lo que sucede es que la OPEP no está dispuesta a asumir ella sola los costes de reducir la producción lo suficiente como para que los precios vuelvan a unos valores convenientes para todos los productores; por su parte, la OPEP ha reducido su producción en la parte proporcional que le correspondería, esperando a que los demás países productores hagan lo mismo. Pero impera una gran desconfianza mutua, con lo que nadie quiere reducir su producción y a lo que asistimos es a un tira y afloja, en el que la cuerda se va tensando hasta que alguna cosa reviente. Como ahora explicaremos, hay varios efectos en marcha, unos que tienden a destruir la demanda (y empujando los precios hacia abajo) y otros que tienden a destruir la oferta (y empujar los precios hacia arriba). Estos efectos se van a ir alternando a partir de ahora, y 2015 será un año similar a 2008 y marcará lo que a partir de ahora será una tónica: grandes oscilaciones de precio del petróleo, es decir, una gran volatilidad. Durante 2015 espero que el precio se mantenga relativamente bajo durante los primeros meses para después experimentar una gran subida hacia el verano o poco después (si hay algún gran evento geopolítico esta subida se podría adelantar), para ser seguida en pocas semanas de una gran caída de precios.

  3. Casdeiro
    19 Xaneiro, 2015 at 5:33 p.m.
  4. 5 Maio, 2015 at 10:25 p.m.

    1.- Os rexistros históricos de producción de petróleo non se axustan a unha única curva exponencial (crecente e decrecente)
    2.- A teoría do peak-crash de Hubbert susténtase na hipótese dunha soa curva de producción exponencial (crecente e decrecente)
    3.- Hubbert anunicóu o peak mundial para 1995, e estamos xa no 2015. Non houbo peak oil. O e questá a pasar é diferente do que prevíu.
    4.- Debéramos xa estar no crash, pero o que temos é sobreoferta de crú
    Estes son os feitos. Agora as interpretacóns que queirades, pero, por favor, a partindo dos feitos.

    saúdos

    1. Ramom Flores
      8 Maio, 2015 at 11:09 a.m.

      Para facilitar o diálogo contestei-lhe no foro de Galiza Postpetróleo, que é umha ferramenta muito mais cómoda e versátil que esta caixa de comentários, e no qual pode se registrar gratuitamente.

      http://galiza.pospetroleo.com/foro/viewtopic.php?f=4&t=157&p=490#p490

  5. 24 Novembro, 2015 at 7:50 a.m.

    Antonio Turiel vén de dar unha explicación resumida da situación dos prezos, en Facebook, que penso vén ben colar aquí:

    ahora mismo no hay precio que le vaya bien a compradores y vendedores a la vez: o el precio es demasiado alto y la economía se gripa (lo que lleva a caída de la demanda y precios bajos) o el precio es bajo y los productores pierden dinero (lo que lleva a quiebras y eventualmente a destrucción de oferta y subidas de precio). El error es considerar que es un fenómeno lineal lo que es una espiral degenerativa.

  6. Casdeiro
    26 Decembro, 2015 at 1:29 p.m.

    Outro artigo con explicacións de E. Mearns: “The 2014 Oil Price Crash Explained” e unhas previsións para 2016.

  7. 30 Decembro, 2015 at 7:39 a.m.

    Outra análise recente, de Antonio Turiel:

    el precio se mantendrá elevado de manera pertinaz solamente cuando se haya eliminado (sin posibilidad de retorno) una porción considerable de la oferta y aún faltan algunos años para esa situación.

  8. Casdeiro
    15 Xaneiro, 2016 at 8:55 a.m.

    Máis análises de Turiel no contexto da gran recesión na que nos adentramos:

    http://crashoil.blogspot.com.es/2016/01/el-rumor-del-peak-oil.html

    Como pasó durante la última gran recesión, en 2008, el precio del petróleo ha bajado mucho, cotizándose en la actualidad el barril de Brent por debajo de los 30 dólares, menos incluso de a lo que llegó en 2008.

    el problema de la escasez de petróleo no es que el precio suba mucho de manera permanente. Para que el precio se mantenga permanentemente alto el petróleo tiene que convertirse en un artículo de lujo y dejar de ser lo que es ahora, es decir, el motor de la economía, y aunque algún día llegaremos a esa situación, aún estamos lejos de ese momento. En los próximos años lo que caracterizará al precio del petróleo es una volatilidad brutal, a medida que profundicemos en la espiral de destrucción de demanda – destrucción de oferta. No es simplemente decir que el precio del petróleo a veces sube y a veces baja, no. La cuestión es que durante ciertos períodos se mantendrá demasiado alto, de manera que dañará la economía en general, y después se mantendrá demasiado bajo, dañando a las compañías productoras. Esta oscilación salvaje, sin término medio (la mayor parte del tiempo el precio o será muy alto o será muy bajo, situándose en valores intermedios sólo en su rápido camino hacia arriba o hacia abajo), es lo que caracterizará la evolución del precio durante los proximos años

    en este momento estamos teniendo a la vez una fase de destrucción de demanda y de oferta

  9. Casdeiro
    20 Xaneiro, 2016 at 7:41 a.m.

    Gail Tverberg vén de publicar un importante artigo explicando por qué son malas noticias os prezos tan baixos do petróleo: Why oil under $30 per barrel is a major problem

  10. 5 Febreiro, 2016 at 8:15 a.m.

    Doldán, acerca dos efectos dos prezos relativamente baixos actuais:

    O paso a unha sociedade con menos disposición de enerxía é inevitable. Pero os cambios non están sucedendo dunha forma planificada, organizada, e iso pode dar lugar a un tipo de transición enerxética máis caótica. Os actuais prezos do petróleo ou das materias primas veñen ser unha evidencia de que estamos entrando nese campiño de transición que pode ser máis caótico. Pode ser un problema aínda máis grave que cando fai dous anos os prezos estaban altos. Ese vaivén dos custos do petróleo é moi perigoso, porque todo o investimento que se deixou de facer nestes anos é petróleo que non se vai a extraer nos próximos dez anos. Nos últimos tempos reduciuse o número de perforadoras no mundo nun 50%. Unha barbaridade. Segundo a AIE, teriamos que estar buscando petróleo para manter os niveis de produción actuais.

  11. Casdeiro
    17 Marzo, 2016 at 8:42 a.m.

    Un novo e actualizado apuntamento de Turiel en chave preditiva:

    Para cuando la caída de la oferta de petróleo, propiciada por una avalancha de quiebras en el sector, debiera llevar el precio nuevamente a valores altos, la crisis económica que se desatará por todas las derivadas financieras de la alucinada apuesta por el fracking llevará a una mayor reducción de la demanda que impedirá que el precio vuelva a subir, y causará aún más estragos en el sector petrolero.

  12. 2 Novembro, 2016 at 8:15 a.m.

    Máis explicacións que van aparecendo:

    The 2012 energy half way point initiated a major change in the petroleum production function. It began a process where the end consumer was no longer able to acquire all the petroleum that the industry produced. More of the energy from petroleum was being committed to the production of petroleum
    than was being delivered to the consumer. This precipitated the 2014 price decline that reduced prices by 50%. The energy delivered to the end consumer will continue to decline, and the end consumer maximum affordability will decline with it. It will be necessary for the industry to reduce production to compensate. The highest cost production fields will continually be shut in as the price falls below their operating minimum.

    O texto está tirado dun informe do Hill’s Groups que foi recentemente referido por Ferran Puig Vilar en ElDiario.es.

Deixa una resposta a Ramom Flores Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *