A vindeira semana teremos ocasión de escoitar en Galiza a un dos co-autores da monumental obra de referencia sobre o colapso civilizatorio en castelán, En la espiral de la energía (Libros en Acción / Baladre, 2104): Luis González Reyes. As súas conferencias terán lugar en:
- Compostela (luns 15 de xuño): Facultade de Filosofía, salón de actos, 20 h.
- Vigo (martes 16 de xuño): Árbore (R/ López Mora 30), 19:30 h.
Quen xa teñades o libro sabedes da súa importancia de primeiro nivel para entender o proceso histórico que nos ten levado ao cerne do colapso da civilización actual. Para quen non o coñeza, convidamos a botar unha ollada á súa versión online, descargable de balde. Este libro en dos volumes é a obra póstuma de Ramón Fernández Durán, referente imprescindible do ecoloxismo social español máis consciente do Peak Oil, que completara o seu compañeiro Luis González Reyes.
Formas de habitar, economías, sistemas políticos, tipos de traballos, demografía, loitas sociais, tecnoloxías, sistemas de valores, maneiras de relacionarse co entorno… como interaccionaron ao longo da historia?, ten o seu discorrer forma de espiral?, que papel tivo a cantidade e a calidade da enerxía dispoñible na súa evolución?
E, sobre todo, cal vai ser a súa evolución futura?Estamos nun intre de mudanzas radicais: o colapso do capitalismo global e da súa civilización. Para construírmos sociedades xustas, democráticas e sustentables durante este proceso, cremos que é esencial comprendermos mellor elementos sustanciais da historia da humanidade e do futuro máis probable. Este libro é un convite ao diálogo colectivo para elaborarmos as estratexias e iniciativas emancipadoras que precisamos.
Non faltedes! Paga moito a pena escoitar a Luis a claridade e contundencia con que explica a situación actual, como chegamos a ela e cara ónde pode derivar (fascismos vs. ecocomunitarismos).