Doldán e Casal participarán hoxe na presentación dunha «moeda social» para a Costa da Morte

Hoxe venres 16 terá lugar en Santa Comba o acto de presentación dos Costavales, un sistema de vales cos que os comerciantes locais queren contribuír á resiliencia da Costa da Morte. O sistema, baseado nuns vales en forma de billetes, xa comezou funcionar na súa fase piloto durante os meses de verán.

Hoxe, ás 21 h, nun acto aberto no Edificio Multiusos de Santa Comba, será presentada a nosa entidade encargada de xestionar este sistema: a Asociación Costavales. No acto participarán Xoán R. Doldán e Manuel Casal, membros de Véspera de Nada.

Desexamos moito éxito a esta iniciativa e que se replique axiña por outras zonas do país.

foto-costavales-20150706_104945-CONTRASTADA-1024x768

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.