Mañá, día 2 de decembro, terá lugar en Compostela unha charla a cargo de dous dos nosos membros: Casdeiro e Miguel Anxo Abraira falarán respectivamente de O decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas do Teito do petróleo e O deficit energético da Galiza atual.
A charla, organizada polo colectivo xuvenil libertario Liza, será ás 20 h na aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia de Compostela.
Podes indicar a túa asistencia e difundir, mediante o evento en Facebook.