Súmate a Véspera e participa na asemblea xeral de socios do 13 de decembro

Vense de convocar asemblea xeral ordinaria de socios da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Terá lugar na nosa nova sede: o Centro para a Resiliencia Pousadoira, en Pousadoira (Miño), o vindeiro domingo 13 de decembro, con comezo ás 11 h (quedaremos a xantar alí).

Esta é a orde do día:

  1. Lectura e aprovación da acta da asamblea anterior.
  2. Informe do presidente sobre o ano que pasou.
  3. Informe da secretaría sobre o estado das contas.
  4. Legalización dos Estatutos.
  5. Planificación de actividades para o próximo ano.
  6. Elección da Xunta Directiva.

Logo-Vespera-de-Nada-laranxa-436x182Aproveitando esa nova asemblea da nosa organización, queremos aproveitar para lanzar un chamamento a todas as persoas que nos seguen e queiran sumarse ao noso labor, para que se afilien de aquí a ese día. Fan falla moitas mans e moita enerxía para camiñarmos cara a esa Galiza pospetróleo que debuxabamos na nosa Guía para o descenso enerxético. Se queres que continuemos co noso labor, se queres que Véspera de Nada teña presenza na túa bisbarra da túa man… únete agora e participa na definición das nosas vindeiras actividades, na nosa lista interna de socias, na sección privada do foro da Galiza pospetróleo e socios e desfruta dalgunhas outras vantaxes (prezos especiais nas nosas publicacións, por exemplo). Se queres información sobre cómo te afiliares, escríbenos antes do día da asemblea a diademoito ARROBA vesperadenada PUNTO org.

Evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1715680125330799/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *