Xoves 21 de xaneiro: presentamos o libro “A esquerda ante o colapso da civilización industrial” en Compostela

Capa do novo libro que publica Véspera de Nada. Deseño: Martiño Picallo.

Capa do novo libro que publica Véspera de Nada. Deseño: Martiño Picallo.

Este xoves 21, ás 20:00 h, terá lugar o primeiro dos actos de presentación do novo libro que (desta volta mediante coedición con Touda) vimos de publicar: A esquerda ante o colapso da civilización industrial, de Manuel Casal Lodeiro. Será na libraría Pedreira (R/ do Home Santo, 55), en Compostela.

No acto contaremos coa presenza do autor e mais de Teresa Moure, autora do prólogo do libro (co título de “Decrescimento (também) para marxistas”).

Agardamos vervos a moitos de vós alí (especialmente ás persoas que nos axudastes a publicalo) para compartir o encontro e falarmos de como a esquerda está a reaccionar (ou non) ao colapso civilizatorio en cuxas primeiras fases nos achamos.

O evento en Facebook.

cartaz-presentacion-esquerda-colapso-manuel-casal-lodeiro-compostela-20160121-FRAG-evento-facebook-1920x1080

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *