Presentación dos libros de Emilio Santiago Muíño o mércores 23 no Ateneo Ferrolán

Este vindeiro mércores 23 de marzo todas as persoas interesadas na cuestión do colapso desde un punto de vista civilizatorio, antropolóxico, social e político temos unha cita con Emilio Santiago Muíño no Ateneo de Ferrol (19:30 h), coorganizada por Pumido ao Natural (Esmelle).

Presentación Emilio Santiago Muíño en Ferrol (23 de marzo de 2016)O antropólogo e activista ferrolán, residente en Móstoles, volve pola súa terra presentar os seus dous últimos libros, que forman unha importante biloxía: No es una estafa: es una crisis (de civilización) e Rutas sin mapa. Horizontes de transición ecosocial (último premio Catarata de ensaio). Tamén recentemente vén de publicar online a súa esperadísima tese doutoral acerca de como Cuba afrontou o seu particular e anticipado Peak Oil: Opción Cero. Sostenibilidad y socialismo en la Cuba postsoviética. Animámosvos a todos a non perder a ocasión de escoitar unha das voces máis interesantes na actualidade, un galego da diáspora á vangarda da transición civilizatoria de base local e libertaria.

Difunde o evento en Facebook. Tamén no web de Rompe el Círculo.

One thought on “Presentación dos libros de Emilio Santiago Muíño o mércores 23 no Ateneo Ferrolán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *