En Abril de 2016 co gallo do lanzamento do Grupo interpartidario de parlamentarios británicos sobre os límites do crecemento – All-Party Parliamentary Group (APPG) on Limits to Growth –, apresentou-se o informe LIMITS REVISITED. A review of the limits to growth debate, escrito por Tim Jackson e Robin Webster.
Este informe explica dunha maneira concisa, ecuánime e moi ben informada, moitas das cuestións que nos preocupan en Véspera de Nada. É por iso unha satisfacción para nós termos obtido o permiso para traducilo ao galego e divulgalo na nosa lingua.
LÍMITES REVISITADO. Unha revisión del debate sobre os límites do crecemento.
- Versión para leitura dixital (tablet, computador etc.)
- Versión para impresión
- Versão em português lusitano
Sobre os autores
Tim Jackson é catedrático de ”desenvolvemento sustentábel” na University of Surrey e director do Centre for the understanding of sustainable prosperity. Durante 7 anos foi comisario económico da UK Sustainable development commision, cuxo traballo culminou na publicación de Prosperidade sen crecemento – economía para un planeta finito. Se bem orixinariamente era un informe para o goberno do Reino Unido, o traballo foi traducido posteriormente para 17 idiomas. Tim é un membro pleno do Club de Roma.
Robin Webster é unha investigadora e escritora sobre as cuestións ambientais, sendo directora de campaña sobre o clima e a enerxía dos Amigos da Terra, durante dous anos e medio. En 2010 Robin axudou a por en marcha o blogue Carbon Brief, onde traballou como fact checker (verificadoras de datos) e analista ata 2014. Ten escrito extensivamente sobre a política enerxética do Reino Unido e sobre cuestións de sustentabilidade alimentaria. Robin é licenciada en bioloxía e ten un máster en conservación ambiental pola University College London.
All-Party Parlamentary Group on limits to growth
Grupo interpartidario sobre os límites do crecemento é un grupo oficializado de parlamentarios británicos, constituído na actualidade (23/08/2018) por: 8 membros da Cámara dos Lords + 19 membros da Cámara dos Comúns; dos seguintes partidos:
- 12 traballistas,
- 4 conservadores,
- 4 independentes,
- 3 liberal-democratas,
- 2 verdes,
- 1 nacionalista escocés
- 1 nacionalista gales.
Na actualidade está presidido por Caroline Lucas (Verdes) e co-presidido por George Kerevan (SNP) e Daniel Zeichner MP (Traballista).
Os obxectivos principais deste grupo son:
- crear o espazo para un diálogo entre partidos sobre os riscos económicos específicos relacionados cos límites ambientais e sociais;
- avaliar as evidencias de tales límites, identificar os riscos e procurar o apoio para tomar as medidas adecuadas; e
- contribuír ao debate internacional na redefinición de prosperidade e das medidas de crecemento.
5 reflexións sobre “Unha revisión do debate sobre os límites do crecemento”