Este sábado 4 de xuño preséntase á sociedade amesá o novo colectivo local Ames Pospetróleo, que nacera no pasado ano co obxectivo de difundir o problema do Peak Oil e pular pola adopción de medidas que preparen esta localidade para vivir mellor con menos.
O acto terá lugar ás 11 da mañá na Casa da Cultura de Bertamiráns, co apoio do Concello, e terá os seguintes contidos:
- Presentación do acto a cargo da xornalista Rebeca Hermo.
- Proxección do documental Non hai mañá (Dermot O’Connor, 2012).
- Presentación de Véspera de Nada e da Guía para o descenso enerxético, a cargo de Xoán Doldán.
- Presentación de Ames Pospetróleo a cargo de Emilio Román.
- Entrega ao alcalde de Ames (ou representante do goberno municipal) do informe Límites revisitado, do Parlamento Británico.
- Debate co público asistente.