Charla sobre «Moedas sociais e locais» en Miño (sábado 11 de xuño)

Este sábado 11 de xuño dous membros da asociación Véspera de Nada participarán nunha charla coloquio sobre moedas sociais en Miño, A Coruña. Será no Local Social da Rúa ás 17 h.

Presentará o acto Ricardo Sánchez Oroza, alcalde do Concello de Miño, posteriormente Manuel Casal e máis Manuel Amigo falarán sobre a razón de ser, o uso e utilidade das moedas sociais e locais e máis sobre o caso concreto de Santa Comba e a súa experiencia cos costavales.

20160611-minho-charla-moedas-sociais-locais

Ao acto están convidadas as asociacións de Miño (nomeadamente a asociación de empresarios) e o público en xeral, así como representantes do GDR das Mariñas e máis da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.