Nace o primeiro clube de lectura ecoloxista da Galiza

Onte deuse a coñecer o lanzamento de Terra Livre – Rede Ibérica de Espazos de Lectura Ecoloxista, que ten como obxetivos principais fomentar o estudo, a reflexión e o debate sobre ecoloxismo para, así, formar aos seus integrantes e aumentar a conciencia ecoloxista da sociedade.

A denominación Terra Livre rende homenaxe a unha das primeiras publicacións da península que fixo referencia a postulados ecoloxistas: o semanario anarquista Terra Livre, que se publicara ao longo do ano 1913, durante a Primeira República Portuguesa, e que no seu primeiro número señalaba que, como parte da súa esencia, e entre outras cousas, Terra Livre: “é o amor pela natureza, de que a humanidade é apenas uma parte minima, sem superioridade!”

Esta Rede organízase de maneira horizontal e defende como valor fundamental a diversidade lingüística e cultural. Para cumplir os obxetivos os coordinadores de cada espazo de lectura traballan a través dunha lista de correo electrónico interna onde se xestionan principalmente os seguintes asuntos:

  • O apoio mutuo na difusión das distintas convocatorias de cada espazo de lectura.
  • O fomento da aparición de novos espazos de lectura ecoloxista en distintos puntos tanto dentro da península ibérica, como fóra dela.
  • A preparación dun encontro anual entre os diferentes espazos de lectura ecoloxista da Rede.

A Rede dispón de tres canais principais para a comunicación externa:

  • Webs e redes sociais de cada un dos espazos de lectura en donde se reproducen listas de sesións e lecturas, ademais realízase a difusión das distintas convocatorias.
  • Grupo aberto de facebook da Rede que, ademais de servir para a difusión das nosas convocatorias, é o espazo virtual principal para colgar referencias, debatir sobre diferentes temas, e punto de encontro entre os integrantes dos distintos espazos de lectura e calqueira persoa interesada na materia. https://www.facebook.com/groups/TerraLivre
  • Email de contacto xeral cóa Rede para calquera asunto: TerraLivreRed@gmail.com

Terra Livre en Galiza

Logo-Terra-Livre-v11O primeiro nodo desta rede en Galiza é o Espazo de lectura ecoloxista en A Coruña, en proceso de creación. Infórmannos que esta mesma semana se vai decidir a data e o lugar da primeira xuntanza, crearase o perfil do espazo nas redes sociais e nos vindeiros días se decidirá o nome definitivo, logo, etc. de maneira horizontal. Véspera de Nada dá a benvida a esta iniciativa e contribúe a lle dar difusión entre toda a xente que poida estar interesada en participar na iniciativa.

A Rede Terra Livre anima a todas as persoas interesadas nestas cuestións a participar nos espazos de lectura da súa localidade e, en caso de non existir aínda, animan a crealos e ofrece para iso todo o seu apoio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.