Encontro de Transición e Decrecemento 2016: Betanzos, do 29 ao 31 de outubro

Encontro de Transición e Decrecemento 2016 - BetanzosEste outono, a gran cita dos que traballamos por un mundo diferente está en Betanzos. Alí celebrarase o Encontro de Transición e Decrecemento 2016, que a Red de Transición ven organizando desde 2011 ámbito do estado. Paralelamente celebráronse tamén encontros de iniciativas e proxectos decrecentistas. O ano pasado celebrouse en Granada o IV Encontro Decrecemento e desde Véspera de Nada asumimos o reto de traer a Galiza este ano un encontro que por primeira vez será de Tansición e Decrecemento. Por fin podemos anunciar que será en Betanzos o 29, 30 e 31 de outubro, e que estará cheo de cousas interesantes.

Tanto o movemento de Transición coma o Decrecemento intentan dar respostas á difícil situación pola que atravesa a humanidade, no senso de nos atopar nun momento moi complicado a nivel económico pero tamén ecolóxico e social. En Betanzos marcámonos como obxetivos continuar co traballo feito ata o de agora, divulgar e informar sobre os límites do crecemento e as causas reais da crise pola que estamos a atravesar e darlle un novo pulo aos cambios que se precisan, tanto a nivel persoal (cambio interior), como social ou político, para transitar por este difícil pero ilusionante momento histórico. Moitas iniciativas están emerxendo xa, pero é imprescindible visibilizalas, e acompañarnos neste camiño, saber que non estamos soias e que cada vez somos máis. Para Véspera de Nada é especialmente importante dar cabida neste encontro a todas as iniciativas e proxectos galegos que están no camiño da transición e o decrecemento, para potenciarnos, apoiarnos e tender redes entre nós. Por iso animamos a todas as persoas que xa estamos neste camiñoa acudir a Betanzos para tamén celebrar e sentirnos acompañadas, e a todas as demáis a informarse e descubrir que unha vida millor é posible en decrecemento.

O Encontro vaise estruturar en tres partes, unha máis teórica que ten a ver coa diagnose do problema e propostas desde movementos coma o da transición, o decrecemento ou o ecofeminismo, e que estará moi presente o primeiro día no arranque do encontro, cunha mesa redonda na que participarán Margarita Mediavilla, Teresa Moure e Ana Huertas.

Pero sobre todo queremos sacar o gran potencial que representa traballar xuntas e haberá gran cantidade de obradoiros tanto de traballo cara a fóra coma máis cara adentro (transición interior) Por iso decimos que hai sesións de cabeza, corazón e mans. Todas as personas que se inscriban no encontro poden así mesmo ofrecer un obradoiro e compartir así os seus saberes.

Outro dos momentos máis importantes para nós vai ser o que denominamos Nodo de Iniciativas Galegas, que se desenvolverá ao longo dunha xornada, e vai consistir na exposición e mapeado de proxectos e iniciativas de Galiza que xa se están desenvolvendo ou que pretenden facelo. Desde proxectos de bioconstrucción até educación alternativa, pasando por agricultura ecolóxica, permacultura, consumo consciente, etc. etc. Queremos que a información do encontro chegue a todas estas persoas que están desenvolvendo proxectos que posibilitarán o gran cambio de paradigma, poñelos en contacto entre sí para xenerar sinerxias e para visualizar que non estamos sós.

Para saber máis do encontro podes consultar o web do mesmo: https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/ ou seguirnos nas redes. A partir dagora iniciaremos tamén unha activa comunicación do encontro por distintas vías, e agardamos que a información se espalle o máis posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.