Programa de obradoiros e palestras no V Encontro de Transición e Decrecemento (Betanzos, 29-31 de outubro)

Encontro de Transición e Decrecemento 2016 - BetanzosDurante os tres días que durará o Encontro de Transición e Decrecemento imos poder aisistir a moi diversas actividades en Betanzos. Empezando pola mesa redonda do día 29 pola mañá, onde contaremos finalmente coa presenza de Xoán Ramón Doldán, Ana Huertas e Teresa Moure.

Xoán R. Doldán, profesor de economía aplicada na USC, presidente da asociación española de economía ecolóxica e vicepresidente de Véspera de Nada, xunto con Ana Huertas, técnica de cooperación internacional ao desenrolo, facilitadora e formadora oficial de transición y coordinadora da Red de Transición, e Teresa Moure, doutora en Lingüística e profesora da USC, escritora, abrirán este encontro poñéndonos en contexto e plantexando os retos da encrucillada na que nos atopamos, así como esbozando os camiños polos que transitar.

A entrada ao encontro, tanto ás charlas coma aos obradoiros, será libre e gratuita. As participantes poderán inscribirse e reservar o xantar que faremos en común e que nos servirá LeiraLonga, ou xestionalo polos seus propios medios. Así mesmo as asistentes poden facer aportacións solidarias tanto aos obradoiros aos que asistan coma ao encontro en si mesmo, para contribuir a sufragar os gastos de realización do mesmo.

O sábado 29 pola tarde haberá un bloque de obradoiros adicados á reflexión, charlas e actividades máis teóricas, de traballo intelectual pero activo. Aquí inscríbese por exemplo o obradoiro sobre ecofeminismo que nos ofrecerá Concha López Llamas, autora de Beatriz y la loba, ou debates arredor da transición dentro e fóra das institucións, coa participación de Emilio Santiago, Manuel Casal e Juan del Río. Tamén dentro deste bloque contaremos tamén con Julio García Camarero que falará sobre “Colapso, capitalismo e ecosistemas”.

O domingo 30 pola mañá será tempo para a acción e teremos obradoiros moi variados, desde modelado con barro ata bioconstrucción. Victor González mostraranos cómo construir cúpulas xeodésicas, Arqtesania traeranos unha exposición de materiais para a construcción ecolóxica e artesanal, Carlos Martínez falaranos de “Bosques de alimentos na Galiza” e teremos un relato sobre a elaboración da cervexa dende unha perspectiva ecofeminista da man de Marta Galán. Con Paula Oliva Gurdiel aprenderemos a elaborar de xeito natural productos de hixiene e limpeza.

O domingo pola tarde estará adicado a traballar máis a transición interior, a facer un traballo máis introspectivo arredor de nós mesmas e das nosas relacións co entorno natural e coas outras persoas. A reflexionar sobre os valores fundamentais e sobre como queremos vivir unha vida plena.

Aquí inscríbese por exemplo a sesión de mindfullness que nos ofrecerá Pepe Valverde. Con Teatro Vida e Teatro Dentro exploraremos o noso propio corpo en relación cos outros e con nós mesmas, as nosas sensacións e intuición. E aínda un par de obradoiros de automasaxe e relaxación para descansar mente e corpo e equilibrarnos e reconectar coa nosa creatividade.

Da man da equipa local de organización haberá un obradoiro de cociña galega para elaborar a cea que se ofrecerá a todas as participantes do encontro que queiran acompañarnos.

O luns 31 está programado un fóro aberto, onde as participantes se poden organizar como queiran para falar, intercambiar ou crear redes. Dende a equipa local estamos a promover un Foro de iniciativas galegas para a transición, onde calquera proxecto que estea a traballar ou queira empezar a facelo poida presentarse, quedar mapeado e encontacto cos demais. É moi importante saber que hai moitas iniciativas traballando na mesma dirección porque esto xenera sinerxias positivas no plano físico e tamén no emocional.

E todo esto estará adubiado con dinámicas para fomentar a participación de todo o grupo, cos xantares e ceas en común, con celebracións, música ou pase de documentais.

3 thoughts on “Programa de obradoiros e palestras no V Encontro de Transición e Decrecemento (Betanzos, 29-31 de outubro)

  1. Manuel
    27 Outubro, 2016 at 8:14 p.m.

    Na páxina do Encontro non vexo publicitada a charla de Carlos Martínez sobre “Bosques de alimentos na Galiza” .
    Podedes confirmar si haberá ésta charla?

    1. Casdeiro
      28 Outubro, 2016 at 9:51 a.m.

      Ola, Manuel. Pois non che sei… terás que mirar a última actualización do programa: https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/programa/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *