Tomando como base un argumentario no que mencionan desde o recoñecemento da Axencia Internacional da Enerxía do Teito do petróleo cru en 2006, até a posibilidade dunha futura guerra en Alxeria polo subministro de gas natural, pasando polo informe Límites revisitado que neste verán a nosa asociación traducira para o galego e entregara a todos os grupos do parlamento galego, este novo partido reclama do goberno galego as seguintes medidas:
- Que a Xunta de Galiza faga unha declaración institucional asumido como un grave problema para a o futuro inmediato da sociedade galega o ter chegado ao cumio mundial de extracción de petróleo convencional en consonancia cos informes que a este respecto ten publicado a Axencia Internacional da Enerxía.
- Que a Xunta de Galiza cree unha mesa intersectorial con representación política e de expertos independentes para estudar o impacto a curto, medio e longo prazo do peak oil mundial na sociedade e economía galega. Que dita mesa propoña medidas de resiliencia activa e pasiva para adaptar a sociedade galega no seu conxunto ao unha sociedade con deficiencia no subministro de enerxía.
- Que a Xunta de Galiza inicie de xeito inmediato unha campaña de divulgación entre a poboación do fenómeno físico coñecido como peak oil ou cumio do petróleo no que estamos inmersos a nivel mundial e inste á nosa poboación, empresas e administracións a prepararse mental e materialmente para as súas consecuencias.
- Que a Xunta de Galiza inicie no prazo mais breve posible as medidas suxeridas pola mesa de expertos para adaptar a sociedade e a economía galega a unha era post-fosilista.
Desde Véspera de Nada damos a benvida a estas iniciativas desde os partidos políticos, e o xordimento dunha nova formación galega que se suma ao Partido da Terra como organizacións políticas nidiamente conscientes da necesidade de actuarmos urxentemente como país para nos preparar para o fin da Era do petróleo.