Este domingo hase celebrar na cidade de Betanzos o I Foro Labrego de Agroecoloxía, no que participará, dentro da mesa inaugural “A potencialidade da agroecoloxía da Galiza“, o noso vicepresidente Xoán Ramón Doldán, xunto con Isabel Vilalba (SLG) e Xavier Simón (Universidade de Vigo).
A interesante xornada, que terá lugar no antigo matadoiro a partir das 10:00 h e durante todo o día, contará tamén cunha feira e mais unha mesa de experiencias agroecolóxicas e tamén cunha mesa de organizacións sociais e de consumo.
A mesa na que participará o noso compañeiro Doldán comezará ás 10:20 h.