Xoán Doldán falará mañá 2-dec. sobre o descenso enerxético en relación á Mudanza Climática (Compostela)

Mañá, dentro das xornadas sobre Mudanza Climática que organiza o CIAC, o noso vicepresidente Xoán R. Doldán García falará sobre “Alternativas desde o descenso enerxético“, nun café-diálogo que terá lugar ás 17 h. Doldán falará da Guía para o descenso enerxético e as perspectivas da nosa asociación acerca da necesaria adaptación urxente do noso país á dupla ameaza do devalar da enerxía fósil e da mudanza climática causada precisamente polo seu emprego masivo.

2016-cartaz-ciac-mudanza-climatica-compostela-doldan-w800

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *