Este venres 9 de decembro terá lugar na Libraría Biblos (R/ Santiago, 4) de Betanzos un debate en torno ao libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial (copublicado por Véspera de Nada e que agora se presenta na súa edición en castelán publicada por La Oveja Roja). Ademais do seu autor, Manuel Casal, participarán no debate a presidente de Véspera de Nada, Begoña de Bernardo, e por parte dos partidos políticos galegos con representación parlamentaria —por primeira vez nun debate público sobre esta cuestión no noso país— Antón Sánchez (En Marea) e Carme Adán (BNG), que debatirán co público acerca das cuestións abordadas polo libro: Decrecemento, Peak-Oil, a inminencia do colapso civilizatorio, a acción política fronte ao final da Era Industrial, e as estratexias posibles para prepararmos unha Galiza sen petróleo.
O debate-presentación comezará ás 20:00 h.
Páxina do evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/254837251598744/


Por fin se publicou o vídeo da presentación e posterior debate! Un momento histórico: a primeira vez que representantes políticos galegos se prestan a falar abertamente do colapso civilizatorio! https://www.youtube.com/watch?v=gduiFAcui-g