Continúan as presentacións da nosa Guía: o 20 de xaneiro, en Pontecaldelas

O vindeiro 20 de xaneiro a Guía para o descenso enerxético será presentada en Pontecaldelas da man de Xoán Ramón Doldán e Miguel Anxo Abraira.

Será ás 20 h na Casa da Cultura da localidade.

Lembramos que todas as presentacións son anunciadas no web Galiza.Pospetroleo.com, e que se queres que realicemos unha na túa localidade podes porte en contacto coa nosa asociación e facernos a solicitude.

A 'Guía para o descenso enerxético' preséntase en Pontecaldelas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.