Véspera de Nada participará no III Encontros sobre impactos da Minaría (4-marzo, Compostela) #ContraMINA2017

III Encontros de ContraMINAcción sobre Impactos da MinaríaEste sábado terá lugar en Compostela un novo encontro para analizar os impactos da minaría destrutiva, organizado pola rede ContraMINAcción e con presenza internacional da rede YLNM. Será no Centro Socio-Cultural de Vite a partir das 10:30 h, con entrada libre pero aforo limitado, polo cal é preciso inscribirse previamente.

Estes III Encontros veñen precedidos da celebración en Santiago de Compostela da reunión de coordinadores rexionais de todo o mundo da rede Yes to Life No to Mining (YLNM). A rede galega ContraMINAcción, anfitrioa tamén destoutro encontro, convidou os membros desta rede internacional a participar nos III Encontros galegos para coñecer de primeira man as súas reflexións, obxectivos e accións en relación aos diferentes problemas relacionados coa minaría por todo o planeta. O movemento YLNM foi concibido en 2012 por individuos, organizacións e redes de todo o mundo preocupados polo benestar ameazado polo crecemento exponencial da minaría na última década. Xunto con estes convidados realizaremos dentro do programa dos III Encontros, un evento en lembranza de Berta Cáceres, activista ambiental hondureña asasinada hai un ano, coñecida pola súa loita contra diferentes proxectos mineiros.

Programa

  • 10:30 h: Terra e auga + A-mina-zando o mar
    • Michelle Malone (AELA, Australia): “Carbón e Fracking no Estado de Queensland, Australia”.
    • Wale Obayanju (Homef, Nixeria): “Resistencia á explotación petroleira en Nixeria”.
    • Natalie Lowrey (Deep Sea Mining Campaign, Australia): “Minaría en alta mar: un roubo de terras invisible”.
    • Quenda de preguntas.
    • Descanso.
    • Chris Madine (Coop. Snowchange, Finlandia): “Minaría e pesca en Siberia”.
    • Joám Evans Pim (Soc. Columna San Fins) + José Luis Rodríguez Domínguez (Asoar-Armega) + Pablo Silva (PLADEMAR): “Vida e ría, ou minaría?”.
    • Quenda de preguntas.
  • 16:00 h: Recital solidario con Manolo Pipas
    • Berta Cáceres a 1 ano da súa sementeira: Berta Vive!” Alerta solidaria para defensores da natureza ameazados e criminalizados en todo o mundo.
  • 17:00 h: Dereitos moi tortos + Hai opcións
    • Marga Prieto (SLG) + Marcos Celeiro (Asoc. O Iribio): “Galiza concesionada á minaría”.
    • Clemente ‘Enteng’ Bautista (Red Kalikasan, Filipinas): “Dereitos violentados en Filipinas”.
    • Julian Thornton (Wits Radio Academy / WoMin / EarthLore, Sudáfrica): “Dereitos sobre a terra e minaría en África do Sur”.
    • Quenda de preguntas.
    • Descanso.
    • Mariana Gómez (GAIA Amazonas, Colombia): “Consultas populares: o caso de Colombia”.
    • Xoán Doldán (Véspera de Nada / ContraMINAcción): “Minaría urbana”.
    • Nacho Jorganes (Verdegaia / ContraMINAcción) + Hal Rhoades (The Gaia Foundation): “Redes de colectivos”.
    • Quenda de preguntas.
  • 20:30 h: Peche das xornadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *