Véspera de Nada estará na «Mostra do posible» esta fin de semana en Cangas

A nosa asociación terá unha dupla presenza nas xornadas que baixo o título de Mostra do posible: xornadas de alternativas reais terán lugar en Cangas durante o sábado 7 e o domingo 8 de outubro. Por unha banda haberá un posto permanente no que se poderá falar con persoas da nosa directiva, así como coñecer e mercar algunhas publicacións como a Guía para o descenso enerxético (na súa 2ª edición) ou La izquierda ante el colapso de la civilización industrial (xa só dispoñible na súa ed. en castelán).

E o domingo día 8, de 12:30 a 14:00 h haberá unha palestra a cargo dos nosos compañeiros, na zona de postos, na Alameda, baixo o título de “Crise económica ou crise de recursos?”.

Mostra do posible: xornadas das alternativas reais

Tamén contarán as xornadas coa presencia doutro membro da nosa asociación, Manuel Amigo, quen explicará o proxecto da moeda alternativa Costavales.

Agardamos a todas as persoas que desde o Morrazo e outras comarcas se acheguen esta fin de semana a coñecer as alternativas ao sistema actual. Máis abaixo tedes o programa completo das xornadas.

Fai clic para ampliares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.