Coluna San Fins e Verdegaia propoñen «amadriñar» un bosque autóctono en Froxán

A sociedade histórica e cultural Coluna San Fins, coa colaboración de Verdegaia, vén de poñer en marcha unha campaña de crowdfunding na que convida persoas de dentro de fóra de Galiza a amadriñar a erradicación de eucaliptos (e outras especies invasivas) no monte comunal de Froxán e a súa substitución por diversas especies de árbores autóctonas. Con achegas tan pequenas como 5 € calquera persoa pode ser madriña dun carballo, dunha sobreira, dun acivro, amieiro, bidueiro, freixo, etc.

No corazón unha árbore. Amadriña #oTeuBosqueA campaña, que en apenas 4 días xa superou os 1.000 € recadados, pretende conseguir cando menos 5.000 € en 30 días para poder crear un novo bosque autóctono de 10.000 m2 nestas terras de Lousame. Guía para o descenso enerxético (capa e lombo da 2ª edición)A colaboración tamén pode ser en forma de non monetaria, achegándolles obsequios cos que farán agasallos mediante sorteo ás persoas que sexan madriñas do proxecto. Así, a nosa asociación Véspera de Nada colaborará coa doazón de 20 exemplares da 2ª edición da Guía para o descenso enerxético, e a asociación Touda poñerá os envíos postais de balde para as persoas gañadoras destes libros.

Convidamos a todas as persoas que seguen o noso web, a poñer tamén a súa semente en forma de pequena achega económica a este fermoso proxecto que fornecerá de maior resiliencia esta comunidade de montes, xa recoñecida pola súa boa xestión mesmo polas Nacións Unidas. Tamén podedes facer difusión nas redes sociais online coa etiqueta #oTeuBosque.

Foto do monte de Froxán. Fonte: Coluna San Fins.

Unha reflexión sobre “Coluna San Fins e Verdegaia propoñen «amadriñar» un bosque autóctono en Froxán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.