Category Archives: O ‘peak-oil’ nos medios

Mencións do Teito do petróleo nos medios de comunicación.

Esquerda Unida asume as propostas de Véspera de Nada para preparar A Coruña diante do Teito do petróleo

As propostas que elaborou a nosa asociación de cara a cidade da Coruña afrontar as consecuencias da queda do petróleo, foron asumidas na súa práctica integridade pola candidatura de Esquerda Unida nas eleccións municipais, encabezada…

Remata o congreso sobre o Teito do petróleo organizado pola UNED en Barbastro

Con presenza de especialistas españois e internacionais de alto nivel, tivo lugar esta semana un congreso organizado pola UNED en Barbastro (Huesca) co título “Pico de Petróleo: ¿realidad o ficción?”. Velaquí unha escolma dalgunhas reseñas…

The Nation entrevista a Chomsky e outros acerca do «Peak Oil»

O semanario máis antigo de os EUA, The Nation, ven ofrecendo nos últimos meses unha serie de entrevistas en vídeo con activistas, divulgadores e científicos acerca dos problemas xémeos do Peak Oil e da Mudanza…

O primeiro ministro francés recoñece que o Teito do petróleo se produciu en 2009

Cando aínda estamos tentando avaliar o alcance do anunciado informe do FMI sobre o vencello entre declive do petróleo e caída do PIB e das balanzas de pagamentos, Antonio Turiel fainos chegar un novo recoñecemento…

O FMI dá a voz de alarma aos gobernos mundiais sobre o impacto económico do Teito do petróleo

Malia a teimosía dos grandes medios en botar a culpa do actual prezo do petróleo primeiro ás revoltas nos países árabes e despois ao conflito en Libia, a realidade subxacente do acelerado desaxuste entre a…

Análises das medidas de aforro de petróleo anunciadas polo goberno español

O goberno español ven de anunciar unha batería de medidas coa intención de aforrar o custo da factura enerxética española debida ás recentes elevacións do prezo do petróleo. Recopilaremos aquí algunhas novas que falan do…

Masiva desinformación sobre o petróleo: os xornais bótanlles a culpa do prezo ás revoltas árabes

Europa Press e outras axencias parecen estar sementando unha grave desinformación acerca do prezo do petróleo, coa colaboración de diversos xornais que non contrastan minimamente os datos que publican. Hoxe podíamos ler titulares como El…

A resposta do Goberno español ás preguntas de IU sobre o Cénit do petróleo: “El petróleo nunca se acabará”

Lamentablemente non nos chegara noticia ata hoxe de que o goberno contestara, ¡6 meses despois! (16/12/2010), á pregunta parlamentar de Gaspar Llamazares que a nosa asociación promovera por medio de Esquerda Unida. Velaquí o texto…

Un informe da intelixencia militar alemá recoñece o ‘Peak-oil’ e os seus graves efectos políticos e económicos

Guerra, fascismo e colapso da economía mundial. Despois das recentes revelacións sobre a preocupación disimulada do goberno británico ou as xa coñecidas acerca das análises estratéxicas dos EUA, por non citar as de organizacións do…

O goberno británico, preocupado, analiza o problema do ‘peak-oil’ en segredo

Hoxe aparecía a nova retrasmitida por diversos activistas do peak-oil no Twitter: o xornal The Guardian informaba das reunións que diversos ministerios británicos (incluído o de Defensa!) estaban a ter para analizar esta cuestión e…

O cénit do petróleo e a Transición a un mundo sen petróleo no xornal El País

A xornalista Gloria Rodríguez-Pina publicou onte unha peza xornalística que marca un fito importante na difusión pública do problema do Teito do petróleo e dos movementos de base que se preparan para mitigar os seus…

O ‘Teito do Estado’? O declive terminal do Estado do Benestar

Líamos onte no Guardian a reseña dunhas teorías que inciden nalgo que xa tiñamos albiscado por aquí: a posibilidade de que o Estado do Benestar sucumba non só ás presións neoliberais senón á propia carencia…

Lloyd’s únese ás institucións que advirten dunha catástrofe a causa do Teito do petróleo

Segundo informou o domingo (día no que se conmemorou o Día do Peak-Oil) o xornal británico The Guardian, unha das voces máis respectadas da City londinense, o mercado de seguros Lloyd’s ven de publicar un…

Os principais medios económicos comezan a verlle as orellas ao lobo

Con motivo do desastre da plataforma de British Petroleum moitos medios económicos comezar a moderar o seu excesivo optimismo con respecto ao futuro da extracción de petróleo. Así é que estamos empezando a ver artigos…

David King acusa aos gobernos de practicar a política da avestruz co petróleo

O que fora máximo asesor en materia científica do goberno británico entre 2000 e 2007, Sir David King ataca de novo e acusa aos gobernos de practicar a política da avestruz con respecto ao petróleo.…

O Teito do petróleo nun blog de The Economist: os brokers comezan a falar claro

Hai un par de días sorprendíamonos lendo no blog financeiro Buttonwood’s notebook que fai parte do web de The Economist, unha reseña dun informe que falaba sobre o Teito do petróleo. Isto non soamente ven…

O Teito do petróleo no Financial Times: aprendamos da crise financeira

Semella que pouco a pouco o tema do Cénit vai saíndo á luz nos medios de comunicación máis importantes. Hoxe quen tratou o tema foi o Financial Times, que publicaba un artigo de Jeremy Leggett…

Entrevista con Xoán Doldán: ‘Moitas explotacións agrícolas poderían autoabastecerse usando aceite vexetal como combustible’

El Correo Gallego e Galicia Hoxe publicaron onte unha entrevista co noso compañeiro Xoán Doldán García, da que salientamos algunhas frases: Moitas veces cando exportamos un produto exportamos moitas otras cousas que no se ven.…

Estados Unidos advirte dun posible declive da produción mundial de petróleo a partir do 2011

Un dos blogs de Le Monde publicaba hai unha semana un artigo no que se cita ao Department of Energy estadounidense advertindo dun declive na produción mundial de combustibles líquidos nalgún momento entre 2011 e…

‘As reservas mundiais de petróleo están infladas un terzo’, afirma o ex-asesor en xefe do goberno británico

Sir David King, quen fora asesor científico en xefe do goberno británico, ven de afirmar que as cifras acerca das reservas mundiais de petróleo están esaxeradas nun terzo. Segundo publicou hai uns días o xornal…

O goberno británico convoca un cumio coas empresas, ante a preocupación polo ‘Peak oil’

Polo seu interese traducimos unha nova aparecida onte no xornal británico The Guardian: Energy minister will hold summit to calm rising fears over peak oil Lord Hunt convoca os empresarios do Reino Unido para debater…