Category Archives: Véspera de nada

Sobre a nosa asociación e mais as súas actividades.

Véspera de Nada apoia a manifestación deste domingo 6 de outubro contra os incendios forestais

A nosa asociación vén de unirse á convocatoria lanzada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural para nos manifestarmos este domingo 6 de outubro a partir das 12:00 horas na Alameda (Compostela). A esta convocatoria xa…

Xoán Doldán fala da situación do país ante o «peak oil» para Sermos Galiza

Hoxe foi publicada na capa da edición dixital de Sermos Galiza unha extensa entrevista realizada por Beti Vázquez co presidente da nosa asociación, o profesor Xoán Ramón Doldán, quen ademais de facer unha análise da…

Documental “END:CIV”, de Franklin López, o 7 de agosto na Gentalha do Pichel (Compostela)

Dentro do ciclo de documentais que a Gentalha do Pichel vai proxectar nos seráns do mes de agosto, de temática ambiental e en colaboración con diversos colectivos, Véspera de Nada presentará (en V.O.S. ao portugués)…

Véspera de Nada precisa ilustrador(a) para a súa “Guía para o descenso enerxético”

Desde a nosa asociación facemos un chamamento urxente á procura dunha ilustradora ou ilustrador que poida realizar os debuxos que precisamos (aprox. 20) para un importante libro que publicaremos (por fin!) este outono. Porén, dado…

Véspera de Nada reúnese co deputado de AGE Antón Sánchez para tratar sobre o Teito do petróleo

Este martes celebramos unha xuntanza no Parlamento de Galiza co deputado de AGE Antón Sánchez García na que falamos das acción políticas que este grupo parlamentar vén realizando e vai realizar vencelladas co problema do…

O Teito do petróleo e a Revolución urxente

A nosa asociación foi convidada a presentar mañá domingo 16 de xuño as nosas actividades e dar unha breve palestra sobre o peak oil no encontro para a posible creación dun nodo galaico da chamada…

Curso de verán da USC: Enerxía, cambio climático e sostibilidade: comunidades enerxeticamente autosuficientes

Do 15 ao 20 de xullo a Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá, dentro dos seus cursos de verán, un interesante repaso á autosuficiencia enerxética, da man —entroutros— do presidente de Véspera de Nada, o…

Intervención de Véspera de Nada no acto de clausura da I Asemblea Nacional de Anova

Agradecemos a Anova a oportunidade de falarmos diante da súa asemblea nacional, no acto de clausura celebrado hoxe en Compostela. Velaquí o texto da nosa intervención, con algúns hipertextos para ampliar información: Cando en xullo…

Xoán Doldán estará nas Xornadas Antidesenvolvemento en Compostela o día 11 de xuño

O presidente da nosa asociación, Xoán R. Doldán, estará o vindeiro martes 11 de xuño participando nas Xornadas Antidesenvolvemento que terán lugar en Compostela. As xornadas abordarán diversos temas desde o día 6 ao 14…

Charla de Véspera de Nada e AEREN nos Oscos (Asturias), o vindeiro 8 de xuño

Nos Oscos (Asturias) terá lugar unha charla sobre o Pico (tamén chamado Cénit ou Teito) do petróleo a cargo do presidente da Asociación Véspera de Nada, Xoán Doldán. O enxeñeiro Víctor Luis Álvarez, membro de…

“Galiza non é unha mina”. Manifestación nacional o 2 de xuño en Compostela

Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa hoxe, 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás…

Véspera de Nada lamenta fondamente a aprobación dunha proposición non de Lei que daría luz verde aos cultivos enerxéticos

O pasado 14 de marzo o Parlamento Galego aprobaba por maioría unha proposición non de lei sobre os cultivos enerxéticos «en relación co uso da biomasa forestal como fonte enerxética e co seu aproveitamento en…

Véspera de Nada únese á manifestación deste domingo 14 de abril en Carballo contra a mina de Corcoesto

A Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo expresa o seu apoio á gran manifestación convocada para o domingo 14 de abril en Carballo contra o proxecto de mina en Corcoesto. O noso…

WEO 2012: Que quere dicir en realidade o informe deste ano da Axencia Internacional da Enerxía?

Non extraña a alarma que se pode percibir nas análises que incluímos embaixo e que foron publicando diversos estudosos do problema enerxético acerca do informe anual WEO recentemente publicado pola AIE: non é para menos.…

Manuel Amigo: «Podem decidir usar a colónia galega para a produçao de energia, sacrificando terras cultiváveis e comunitárias»

No breve espazo desta entrevista realizada para o Partido da Terra, no que tamén milita, o noso compañeiro Manuel Amigo, pon sobre a mesa unha chea de aspectos trascendentais da situación actual e os explica…

Xoán R. Doldán fala sobre economía e enerxía [Vídeo-entrevista]

A Red Valladolid en Transición entrevistou o mes pasado ao noso presidente, Xoán Doldán, con motivo da súa participación nun curso na universidade desa cidade castelá. O curso trataba sobre o futuro da enerxía, e…

Alternativa Galega de Esquerda decide defender as propostas de Véspera de Nada no parlamento

Hoxe comunicounos César Santiso, responsable de Esquerda Unida na Coruña (onde é tamén concelleiro) que a comisión programática de Alternativa Galega de Esquerda viña de aprobar a incorporación do documento publicado pola nosa asociación sobre…

Xoán Bascuas (Compromiso x Galicia): «Afrontarmos o peakoil é un tema fundamental agora e no futuro»

Tras ter recibido e analizado o documento de propostas sobre o Teito do petróleo publicado pola nosa asociación, Xoán Bascuas, cabeza de lista para o parlamento de Galiza por CxG comunicouse connosco por medio de…

O Partido da Terra asume, con enmendas, o noso documento de propostas de acción política fronte ao ‘Peak oil’

O Partido da Terra vén de publicar no seu web a versión modificada do noso documento de propostas políticas para Galiza lle facer fronte ao Teito do petróleo, asumíndoo como o seu Documento Político nº…

Programa de goberno para Galiza afrontar o Teito do petróleo: propostas de Véspera de Nada

O adianto electoral en Galiza fixo que na nosa asociación acelerásemos o proceso de recompilación e elaboración de medidas para configurarmos un programa de goberno a nivel galego para encarar desde riba o proceso de…

Anova recolle nos seus documentos políticos fundacionais o problema do «peak oil»

Na asemblea celebrada o pasado 15 de xullo no que o ata entón chamado Novo Proxecto Común deu nacemento á nova organización ANOVA-Irmandade Nacionalista, aprobouse entre os documentos que definen esta nova organización unha enmenda…

Xoán Doldán falará mañá 25 de abril en Moaña sobre «Decrecemento e Economías en transición: Respostas necesarias á crise ecolóxica e enerxética»

Xoán Doldán estará mañá ás 17:00 h no IES A Paralaia de Moaña para falar sobre Decrecemento e Transición económica e social. Consulta o cartel en PDF para máis información.

Hoxe en Compostela Xoán Doldán falará de «O rural galego en tempos de colapso enerxético»

Dentro das xornadas de economía agraria organizadas pola Liga Estudantil Galega, Xoán Doldán dará unha conferencia sobre O rural galego en tempos de colapso enerxético. Será hoxe 29 de febreiro ás 16 h no salón…

Xoán Doldán falou sobre o Teito do petróleo en Betanzos, da man da CNT

Aínda que non puidemos avisar neste blog a tempo, velaquí tedes para compensar o arquivo PDF da presentación de Doldán (que levou por título As raíces ecolóxicas da crise: O cénit do petróleo) diante dun…

Gravación da palestra de Xoán Doldán sobre a crise vista desde o Decrecemento para os “indignados” composteláns

No web da Acampada Obradoiro publicaron hai unhas semanas a gravación que agora vos ofrecemos no web de Véspera de Nada. Trátase dunha charla que Xoán Doldán mantivo con xente do movemento dos Indignados ou…

Ferrol-Terra noutro modelo produtor e enerxético (presentación de Xoán Doldán)

Ofrecémosvos o PDF da presentación que o noso compañeiro Xoán Doldán ofreceu no debate enerxético que tivo lugar no recente Foro Social de Ferrolterra, co subtítulo de: A enerxía necesaria. De que vivimos e de…

Xoán Doldán falará de Decrecemento no IV acampamento de montaña de «Augas Limpas» en Mañón

Será esta sexta-feira 16 de setembro ás 20:30 h. O noso compañeiro Xoán Doldán dará unha palestra titulada Decrescimento a debate como unha das actividades do IV acampamento de montaña da agrupación montañeira Augas Limpas.…