A Coruña sen petróleo

César Santiso, candidato de EU á alcaldía de A CoruñaNas eleccións municipais de 2011 o número un da lista de Esquerda Unida para o concello de A Coruña, César Santiso, confirmounos que aprobaran incluir case todas as medidas que a nosa asociación lles presentara para a cidade facer fronte ao Teito do petróleo.

O día 8 de maio, a confirmación de que estas propostas quedaban incorporadas ao programa de goberno municipal, foi trasmitida polos medios de comunicación.

Esquerda Unida (Coruña)A nosa asociación fai extensivas esas propostas ao resto de candidaturas ás devanditas eleccións, agardando que sexan asumidas por todas elas de xeito que se poidan aplicar con independencia do resultado electoral, en interese de todas as coruñesas e coruñeses.

Así, o día 8 de maio, cando saíron publicadas por primeira vez na prensa algunhas destas propostas, puxémonos en contacto por correo electrónico coas agrupación coruñesas de PSOE, BNG, PP e UC para lles dar conta das mesmas e convidalos a que as asumisen ou presentasen outras medidas alternativas. As respostas que recibamos deles, serán publicadas nesta páxina.

  • [Actualización 08/05/2011] A mensaxe enviada ao PP coruñés chegou rebotada. Ao parecer o email que poñen de contacto non funciona:

    Sorry, I couldn’t find any host named pplacorua.es

    . Intentarémolo con outro enderezo.

  • [Actualización 10/05/2011] Onte emprazamos a Guillerme Vázquez, líder do BNG, a dar a súa opinión ao respecto por medio de Twitter, e non recibimos ningunha resposta.