Tras o colapso da Unión Soviética en 1991, de cuxos subministros de petróleo Cuba dependía, a sociedade cubana transformouse dunha maneira dramática. Case da noite para a mañá Cuba, un dos países hispanoamericanos que se estaba a industrializar máis rapidamente, perdeu o 50% do seu petróleo e o país estivo a piques de morrer de fame. Durante os anos seguintes, o PIB cubano caeu máis dun 30%. Para sobrevivir á crise, os compromisos ideolóxicos e económicos quedaron supeditados á supervivencia. O “Socialismo ou Morte” virou “Un mundo mellor é posible” e Cuba converteuse nun modelo e nunha inspiración para os defensores da sustentabilidade de todo o mundo.A causa de que Cuba era dependente dos inputs enerxéticos externos para a súa produción doméstica de alimentos, cando perderon o seu petróleo o sistema colapsou e moitos cubanos pasaron fame. Para poder sobrevivir, viraron dunha agricultura a gran escala, intensiva en petróleo, industrial e química, a unha de pequena escala, local e orgánica. O transporte de comida baseado no petróleo desde o campo ás cidades foi suplido cada vez máis con hortas urbanas. Roberto Pérez, da Fundación para a Natureza e a Humanidade estima que a día de hoxe entre o 50 e o 80% da comida da Habana procede da propia cidade.
En moitos casos os cubanos tomaron eles mesmos a iniciativa, artellando hortas comunitarias nos vecindarios para se forneceren de comida fresca, saudable e local. No Organipónico de Alamar, un proxecto agrícola veciñal comunitario da cidade da Habana, unha cooperativa leva a granxa, o mercado e mais o restaurante. As ferramentas manuais e o labor humano aforran petróleo, o vermicultura crea solo produtivo, a rega por goteo aforra auga e unha produción diversificada crea unha morea de alimentos para os veciños.
Cando non hai terra de abondo para proxectos así de grandes, os veciños plantas hortas nos tellados, teñen minigranxas nos patios e mesmo elevan camas de cultivo nos aparcamentos. Unha organización chamada FANJ comezou un progama de desenvolvemento urbano sustentable que hoxe fornece aos cubanos con ferramentas e formación para produciren a súa propia comida. A Permacultura, un sistema de deseño que imita os patróns naturais e maximiza a produtividade, ensínase por toda a Habana. A instalación da FANJ ubicada na provincia do Cerro é un laboratorio permanente de permacultura asemade dun centro de formación. Integrados no seu sistema hai neumáticos como leitos para plantas, xerbos para produción de carne e esterco, e viñas para dar froita e sombra.
Aínda que a agricultura non foi a única área afectada pola crise do petróleo en Cuba. Xa que a electricidade da illa se produce principalmente queimando petróleo, a crise provocou apagóns masivos por todo o país. De feito, houbo veces que os cubanos só tiñan unhas poucas horas de electricidade para cociñar, para a luz ou para os electrodomésticos. No trascurso dos seguintes anos, os cubanos foron concienciados para aforraren tanto como fose posible e a súa concienciación e frugalidade enerxética permanece aínda hoxe.
Aínda que Cuba comezou a atopar e producir máis petróleo no seu propio territorio, o goberno puxo en marcha programas enerxéticos baseados na enerxía eólica e solar. Cuba Solar, un departamento de Cuba Energía, foi fundada para investigar, desenvolver e aplicar programas de enerxía solar. Outra organización, Ecosol, fundouse en 1997 para crear un mercado de fontes enerxéticas renovables diversificadas. Ecosol Solar, a súa división solar, tiña instalado 1,2 MW de enerxía solar fotovoltaica entre sistemas domésticos (de 200 W) e grandes sistemas (de 15 a 50 KW de capacidade). En total, en apenas 4 anos, sumaron 5.500 sistemas fotovoltaicos. Asemade, a organización está desenvolvendo o concepto de xeración híbrida, usando tanto turbinas eólicas como paneis fotovoltaicos, así como quentadores solares térmicos de auga.
As iniciativas de Ecosol Solar inclúen programas que axudan directamente aos cubanos, xa que o 60% das súas instalacións van a programas sociais. Un exemplo importante é a instalación de paneis fotovoltaicos para dar electricidade a 2.364 escolas primarias por todo o territorio rural cubano. E tamén están desenvolvendo modelos compactos de quentadores solares que se poden montar no terreo, bombas de auga alimentadas por paneis solares e deshidratadores solares de alimentos.
(…) Procuraren estratexias locais e renovables para a alimentación e a enerxía axudou a Cuba a resistir con éxito a crise do petróleo dos primeiros 90 e comezar un camiño cara a sustentabilidade ecolóxica. Como eles foron quen de afrontar semellantes retos é se cadra da maior importancia para nós diante da nosa propia e inminente crise.
(…)
Coa súa longa historia de dominación e control estranxeiros, o pobo cubano mantense firme para crear o seu propio destino. (…) “Resistir” é un valor e un ideal na sociedade cubana. Iso demostra a forza do carácter cubano e a determinación do pobo de Cuba de superaren calquera atranco. (…)
Este elemento omnipresente da psique cubana tivo un tremendo efecto na súa hablidade para manexar a crise. Como xa tiñan feito antes, os cubanos superaron a loita facendo os sacrificios precisos, traballando aínda máis duro e empregando a súa creatividade e inxeniosos talentos. Aceptaron apagóns de 18 horas cada día, desprazamentos de 3 horas para iren ao traballo, e unha dieta escasa e sen carne. (..)
Os subanos son unha xente abrumadoramente optimista (…)
Un elemento final que sen dúbida xugou un papel na xestión cubana da crise foi a o sentido de solidariedade entre os cubanos. (…) “Sen os Comités de Defensa da REvolución nunca houbéramos saído desta crise”, afirma un dos membros dos CDR. (…)
Cando a crise bateu contra Cuba, os cubanos xuntáronse de maneiras efectivas, impresionantes e fermosas. O espíritu de comunidade, que percorre todo o pobo cubanos, permiteulles sobrevivir con éxito á crise. Comezando coa comida e coa enerxía, Cuba ten feito mudanzas beneficiosas para a súa sociedade. Hoxe están nun camiño moito máis sustentable que calquera nación “desenrolada” do mundo. Temos moito que aprender da exitosa transición cubana (…) e do seu sentido de comunidade e do rol xogado polas organizacións veciñais (…).
Fonte:
- Quinn Bachmann, Megan. Excerpts from a 12/3/2004 report on Cuba citados en An interview with Megan Quinn. InTheWake
Cuba fixo un gran cambio debido á necesidade cando a Unión Soviética colapsou e curtou os envíos de petróleo en barcos. Os cubanos converteron a súa agricultura a orgánica nun 90%, crearon hortas urbanas, descentralizaron a xeración enerxética e desenvolveron o transporte compartido.
(…)
A maioría dos cubanos trocaron o seu estilo de vida nos primeiros 90 cando foron forzados por estas circunstancias. Pero o que aprendemos en Cuba foi que de non ter sido por uns poucos investigadores pioneiros, os cubanos terían sufrido moito máis durante a súa transición. Nos anos 80 había un pequeno grupo de agrónomos orgánicos nunha universidade cubana estudando a agricultura sustentable que vía como moito máis consistente e segura. As súas recomendacións de política agraria foron ignoradas durante anos, xa que Cuba tiña a agricultura de toda Hispanoamérica que máis rapidamente se estaba a industrializar. Pero cando bateu a crise, grazas a que estes investigadores tiñan posto os baseamentos para unha transición á agricultura orgánica en Cuba, foron quen de colocarse en posicións de liderado e a sistema agrícola cubano foi transformado en só uns poucos anos.
(…)
En 2006 o World Widelife Fund identificou a Cuba como o único país sustentable do mundo grazas ao seu uso reducido de recursos combinado cun alto nivel de benestar. Cuba é a proba de que se pode vivir ben con menos.
Fontes:
- Quinn Bachmann, Megan. Where do we go from here? Surviving Peak Oil, thriving in Community. International Conference on Peak Oil and Climate Change. Grand Rapids, Michigan. 01/06/2008
A experiencia cubana fronte ao seu particular e adiantado teito do petróleo está recollida no documental The Power of Community: How Cuba Survived Peak Oil
.