O alcalde de Denver, Colorado, John Hickenlooper, é xeólogo e entende o problema do esgotamento do petróleo dunha maneira que poucos outros mandatarios municipais fan. En novembro de 2005 Denver albergou un Foro Mundial sobre o Petróleo, promovido pola ASPO, na que o alcalde Hickenlooper xunto con expertos da industria, líderes políticos, escritores e outros, tratou tanto temas mundiais como locais relacionados coa escaseza enerxética. Entre os diversos temas tratáronse as opcións políticas, especialmente a nivel municipal para afrontar o reto do Teito do Petróleo.
O goberno municipal dirixido por Hickenlooper reduciu a flota de vehículos municipais nun 7% e comezou a compra de vehículos híbridos e doutros que admiten biocombustibles. O aeroporto internacional de Denver pasou a utilizar combustibles alternativas en todos os seus vehículos de terra. A cidade tamén está trocando a política de solo para promocionar unha reorganización que promova a alta densidade en conxunto cun novo sistema de transporte público. A cidade tamén promove o teletraballo a xornada completa ou parcial para minimizaren o gasto de combustible en desprazamentos ao traballo.
Fonte:
- Heinberg, Richard (2006). The Oil Depletion Protocol: A plan to avert wars, terrorism and economic collapse News Society Publishers.